_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Xulgado do Contencioso da a razón ao concello en relación aos intereses do préstamo do Luz Salgada

Unha nova sentencia ven de dar a razón ao Concello de Vilagarcía en relación ao pago dos intereses xerados polo capital non utilizado do préstamo do programa Luz Salgada. O Xulgado Contencioso Administrativo de Santiago de Compostela desestima o recurso interposto polo Ministerio de Industria que demandaba a devolución de 1.375.617 euros en concepto de intereses, unha suma moi superior aos 465.232 euros estimados por Ravella e xa devoltos.
27.12.2018.- A diferenza da suma dos intereses débese a que o Ministerio de Industria fai o cálculo sobre o montante total do importe do préstamo Luz Salgada non executado (4.057.529 euros), mentres que o Concello considera que os intereses so deben aplicarse sobre 1.557.529 euros; xa que os 2.500.000 euros de diferenza corresponden ao cambio de finalidade do investimento solicitado polo Concello e aprobado pola Xunta de Galicia, que finalmente a administración local non puido chegar a executar porque o montante total do préstamo xa fora devolto ao ICO cando chegou a autorización da administración autonómica.

Esta sentenza favorable ao Concello é a última dun longo procedemento administrativo, xudicial e incluso dun conflito de competencias entre a administración estatal e a autonómica. Todo comezou despois de que Vilagarcía accedese en marzo de 2016 aos fondos do FOMIT a través dos cales o Ministerio de Industria lle concedía ao Concello un préstamo do ICO e 5.995.427 euros para o desenvolvemento de diversas obras no marco do denominado proxecto Luz Salgada a executar no prazo de catro anos, é dicir, en 2010.

O Concello executou obras por importe de 1.937.898 euros e conseguiu unha prórroga de dous anos para levar a cabo o resto do investimento. Uns meses antes de rematar ese novo prazo, en marzo de 2012 e en medio dun conflito competencial entre as administracións estatal e autonómica, o executivo local solicitou o cambio de finalidade dos 2.5 millóns de euros, que inicialmente estaba previsto destinar á construción dun párking en Fexdega, para reinvertilos noutras actuacións na área de influenza do Luz Salgada.

O cambio, así como a ampliación do prazo de execución, foi denegado polo Estado e, posteriormente, autorizado pola Xunta de Galicia. No intering, e ante o requirimiento da Secretaría de Estado, o Concello procedeu á devolución da suma total do capital do préstamo non executado, imposibilitando a axecución do investimento dos 2,5 millóns de euros autorizados pola Xunta, a quen o Tribunal Supremo recoñeceu en 2016 a competencia sobre a cuestión. Por esta razón, o Concello defende que os 2.5 millóns deben quedar exentos da aplicación dos intereses, tal como ven de recoñecer agora esta nova sentencia do Contencioso.

A día de hoxe o Concello ten devolto tanto o capital do préstamo non executado como a parte dos intereses que lle corresponden en base a este novo fallo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -