_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello solicita a contratación de 36 desempregados a través do POS 19 da Deputación

A Xunta de Goberno Local acordou esta semana solicitar á Deputación Provincial de Pontevedra a contratación de 36 traballadores desempregados con cargo aos fondos do Plan de Obras e Servizos 19. A proposta da Área de Promoción Económica e Emprego do Concello prevé que as contratacións sexan a xornada completa e por un período de 9 meses. A subvención solicitada ascende a 326.442 euros que se financiarán a través da liña do POS relativa ao Fomento de Emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais. O Concello debe aportar 81.021 euros a maiores.
27.12.2018.- A proposta do Concello aínda ten que ser aprobada pola Deputación. Unha vez superado este trámite, o Concello remitirá unha oferta ao Servizo Público de Emprego (antigo INEM), que será o organismo encargado de preseleccionar aos aspirantes entre as persoas desempregadas inscritas nas súas listas de demandantes de emprego cos perfís solicitados.

As 36 ocupacións que demanda o Concello repártense do seguinte xeito:

• 3 Empregados Auxiliares Administrativos.
• 1 Monitor/a e/ou Animador deportivo.
• 11 Axudantes Albaneis
• 3 Peóns forestais,
• 2 Pintores e/ou empapeladores,
• 6 Instaladores electricistas
• 1 Carpinteiro en Xeral,
• 1 Fontaneiro
• 1 Soldador para arco eléctrico en xeral
• 4 Traballadores de conservación de parques urbanos, xardíns históricos e botánicos
• 1 Sepultureiro-Enterrador
• 1 Axudante mantedor de instalacións deportivas
• 1 Condutor operador de retroescavadora

Unha vez incorporados ao plantel municipal, estes traballadores realizarán a súa función en tarefas de: conservación, rehabilitación e acondicionamento de infraestruturas e instalación municipais e de mobiliario urbano; limpeza e mellora de praias, parques, xardíns e zonas medio ambientais; xestión administrativa; asistencia deportiva e asistencia á conservación e mantemento e tarefas auxiliares nos cemiterios.

Os contratos realizados a través deste plan provincial de emprego terán unha duración de 9 meses. Á hora de seleccionar entre candidatos que reúnan o perfil profesional, terán preferencia as vítimas de violencia de xénero, maiores de 45 anos, membros de familias mono parental con fillos ao seu cargo, persoas cos niveis de renda máis baixos e persoas con cargas familiares.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Mar 2019  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -