_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
As obras da Escola Infantil de Vilaxoán están tecnicamente finalizadas aínda que non recibidas polo Concello

As obras da Escola Infantil de Vilaxoán, nas que se investiron preto de 600.000 euros, están tecnicamente finalizadas, é dicir, que foi executado o contratado e, polo tanto, se cumpriron os prazos de rematalas antes do 31 de decembro. Pero que estean finalizadas dende un punto de vista administrativo non quere dicir que o Concello as teña recibido.
02.01.2019. A instancias da dirección de obra, a empresa deberá rematar diversos aspectos cos que non está conforme, de acordo co contrato. Isto significa que, a efectos de xustificación da obra diante da Deputación de Pontevedra, que financiou a obra dentro dun dos seus plans de investimentos, o Concello cumpriu co estipulado e, en consecuencia, tal axuda non corre perigo. Outra cousa é, como xa se dixo, que o Concello pode exercer o seu dereito, como é o caso, de esixir á empresa que remate aqueles aspectos que considere antes de recibir a obra oficialmente.

Esta situación é a que a pode dar entender certa contradición entre que as obras estean tecnicamente rematadas pero a empresa continúe a traballar; este tipo de incidencias son frecuentes nos casos de obras públicas de certa magnitude, é dicir, que se entreguen obrs coa excepcionaidade de retames finais. En calquera caso, o transcendente é que, con este investimento, o Concello dá un paso fundamental para dotar a cada dunha das tres vilas (primeiro Vilagarcía, logo O Carril e agora Vilaxoán) dunha escola infantil, que tanto demandaba a sociedade.

O remate deses desaxustes advertidos pola dirección de obra levarán uns días e iso nada impide que se manteña a intención, xa anunciada, de que durante o 2019 a escola de Vilaxoán comece a funcionar, despois do seu proceso de amoblamento, obxecto doutro contrato e para o que o Concello conta co compromiso do Consorcio da Xunta de Galicia, que adxudicará ese contrato e finalmente se fará cargo da xestión educativa do centro.

A Escola Infantil de Vilaxoán levántase sobre a parcela municipal de 2.975 metros cadrados situada entre o lavadoiro e o campo municipal de fútbol. Este emprazamento garante a perfecta comunicación e accesibilidade ás instalacións a partir de dúas rúas diferentes, así como o espazo suficiente para dispor dun aparcamento público para dar servizo ao centro e zonas verdes na parte frontal.

O proxecto redactado polo Arquitecto Iago Fernández Puentes destaca pola máxima funcionalidade do edificio, perfectamente adaptado ás necesidades que ten un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade. As instalacións terán unha capacidade máxima de 82 prazas divididas en 6 aulas, aínda que en principio habilitaranse cinco (dúas de bebés, dúas para cativos de 0 a 1 ano; e unha para os de 2 a 3 anos).

Como xa se pode comprobar, o edificio manterá a tipoloxía típica do casco mariñeiro, ao que dá continuidade, edificándose segundo un deseño modular no que se respectan os volumes e estética das casas da tradicionais da ARI de Vilaxoán.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -