_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
O concello prevé convocar 22 prazas de policía local durante 2019, entre auxiliares, axentes e mandos

O goberno local de Vilagarcía xa comunicou á Axencia Galega de Seguridade as súas previsións respecto do cadro de persoal da policía local. Tendo en conta a situación actual e futura (neste ano poden xubilarse anticipadamente ata sete persoas, de acordo co Real Decreto 1449/2018) o goberno de Alberto Varela anuncia á AGS que será necesario convocar e seleccionar 15 prazas de auxiliares (grupo C2) por seis meses, con datas previstas de inicio 1 de abril, 1 de maio e 1 de xuño; igualmente, 6 prazas de axente de policía local (grupo C1, 5 por quenda libre e 1 por quenda de mobilidade); e, por último, unha praza de inspector/a por quenda libre (grupo A2).
04.01.2019.- Tendo en conta que o proceso de selección e formación será longo e actual situación do cadro, o concello decidiu contratar xa a cinco deses auxiliares por razóns "de urxencia e necesidade", como así o prevé a lei. De feito, eses cinco auxiliares comezarán a traballar mañá mesmo, coincidindo cos actos da Cabalgata de Reis. Para a súa selección utilizouse a lista dos participantes na última selección de persoal na Academia Galega de Seguridade. O contrato durará ata o mes de xuño, como máximo.

Na actualidade, o cadro de persoal está formado por 39 axentes –dos cales 3 son oficiais-, pero hai dúas en segunda actividade e unha en comisión de servizo noutro concello. Das tres prazas cubertas o ano pasado, polo menos unha vai quedar vacante ao incorporarse un dos axentes que gañaron á praza á Policía Local de Vigo e é moi probable que outra queda tamén vacante polo mesmo motivo. Ademais, de acordo coa norma que regula a xubilación voluntaria e anticipada, hai que ter en conta que durante 2019 poderían acollerse a este dereito sete axentes, incluída a actual xefa do corpo; a día de hoxe, tres dos afectados xa anunciaron a súa intención de xubilarse.

Por outra banda, o cadro de persoal non conta cun posto intermedio, legalmente obrigatorio de inspector, de xeito que non se pode cubrir por ascenso interno a praza de inspector principal, xa que tería que haber unha persoa con dous anos de antigüidade no posto inmediatamente inferior, e ademais coa titulación de grado.

Por último, hai que ter en conta os propios tempos do proceso de selección: a convocatoria, os exames e o curso de formación precisan de 9 meses ata que os novos axentes se incorporan en prácticas, polo que a oferta de emprego público de 2019 non estará cuberta ata mediados do 2020, agás que a Xunta de Galicia adopte medidas excepcionais como unha convocatoria de selección e un curso de formación extraordinarios e urxentes (cabe lembrar, neste sentido, que o caso do Vilagarcía non é único, senón que a situación creada coas xubilacións voluntarias e anticipadas se repite na maioría dos concellos de Galicia con policía local).

Todas estas circunstancias son as que xustificaron non só a comunicación á Axencia Galega de Seguridade, a fin de que o teña en conta na súa planificación, senón, e principalmente, o acordo de contratación urxente dos cinco auxiliares que mañá mesmo comezarán a traballar.

DOBRE OBXECTIVO
En calquera caso, con estas medidas o goberno de Alberto Varela afronta dous obxectivos: por unha banda, garantir a seguridade que os vilagarciáns precisan; e, por outra, cumprir cunha das demandas históricas do propio persoal, que é ir incrementando o número de axentes, ao tempo que se melloran as súas condicións laborais, aínda que isto se canalizará a través da Relación de Postos de Traballo (RPT), que xa se atopa na última fase.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -