_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
As obras da rúa Cervantes (O Carril) comezarán en febreiro e as de Vázquez Leis (Vilaxoán), en marzo

As obras de humanización da rúa Cervantes, no Carril, comezarán en febreiro. As de Vázquez Leis, en Vilaxoán, en marzo. A tramitación de ambas está xa na súa última fase: a do Carril xa está adxudicada e só pendente da aprobación do plan de seguridade (o vindeiro luns a Xunta de Goberno aproba a contratación do responsable técnico) para facer o replanteo final antes do inicio efectivo das obras, previsto para a segunda quincena de febreiro. As obras foron adxudicadas á empresa Montajes J.M. Iglesias, a mesma que está executando o proxecto da praza da Independencia, por 224.506 euros, 88.656 euros por debaixo do prezo de licitación.
11.01.2019.- Pola súa banda, a obra de Vilaxoán deu hoxe outro paso decisivo, ao celebrarse na mesa de contratación na que se abriron as plicas: dezaseis empresas presentaron as súas ofertas e todas con melloras. Agora ábrese un período de subsanación de erros formais por parte de dúas aspirantes, para que logo os técnicos avalíen a totalidade das ofertas. A mesa volverá a reunirse o vindeiro mércores, e entón podería coñecerse xa a proposta de adxudicación, agás que sexa necesario pedir informes xustificativos ás empresas que poidan presentar ofertas excesivamente baixas, como xa ocorreu en outras licitacións. En calquera caso, todos os trámites deberían estar listos antes de que conclúa febreiro, para comezar en marzo. O prezo de licitación de Vázquez Leis é de 287.980 euros.

RÚAS EMBLEMÁTICAS

Tanto a rúa Cervantes coma a de Vázquez Leis son dúas rúas emblemáticas dos seus respectivos pobos. A primeira, porque durante séculos foi a principal vía de entrada e saída do Carril cara Santiago; unha vía hoxe moi deteriorada, con continuos problemas nas redes de servizos e no solado, afundido nalgúns tramos. A segunda, porque é unha arteria principal da vila, no seu día chea de vida comercial e hostaleira, que une a avenida de Vilanova coa a praza de Rafael Pazos, espazo central de Vilaxoán.
As intervencións parten dos mesmos principios aínda que con resultados estéticos distintos, tendo en conta a propia configuración de cada rúa. Así, o esencial é que aínda que se conserva a circulación dos vehículos, queda claro que a prioridade a teñen os peóns, poñendo o vial, as beirarrúas e as zonas de estar a un mesmo nivel. Ambos proxectos tamén comparten o uso da pedra de granito co formigón armado e cepillado, ademais da renovación dos sistemas de alumado e dos servizos básicos soterrados, do mobiliario urbano e dos elementos vexetais, que se incrementan.

Nos dous casos, o prazo máximo de execución é de seis meses, de xeito que durante o verán se non están rematadas, as obras estarán moi avanzadas. O financiamento dos dous proxectos procede, fundamentalmente, do programa “Vilagarcía Avanza”, sufragado nun 80% por Fondos FEDER-Unha maneira de facer Europa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -