_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
O libro sobre a folga feminista do 8 de mazo preséntase mañá no salón de plenos do Concello

O libro “Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo” preséntase mañá, xoves, 17 de xaneiro, en Vilagarcía no marco da xira organizada pola Deputación para dar a coñecer esta obra nos municipios da provincia. A publicación da editorial Galaxia recompila as reflexións de oito mulleres de diferentes sectores sobre a histórica xornada vivida o pasado ano e sobre as súas propias experiencias de ser muller nunha sociedade machista. A presentación celebrarase no Salón de Plenos do Concello ás 20:00 horas A entrada é libre ata completar aforo.
16.01.2019.- “Oito olladas sobre a folga feminista” é unha obra colectiva coordinada pola escritora Inma López Silva. A súa é unha das olladas que se recollen no libro no que tamén ofrecen as súas opinións a xuíza, Paz Filgueira; a matrona Susana Iglesias; a xornalista, Susana Pedreira; a profesora e fotógrafa, Ana Fresco; a funcionaria, Sarai González; a estudante, Sandra Núñez e a libreira Mercedes Corbillón.

Firme compromiso coa Igualdade

O libro está tendo moi boa acollida entre a poboación. De feito, xa vai pola segunda edición. Froito do firme compromiso da Deputación cos temas de igualdade, o organismo que preside Carmela Silva, xa presentou a obra en Vigo e en Pontevedra e agora faino en Vilagarcía. Para continuar coa divulgación do libro por toda a provincia e, especialmente para que chegue á mocidade, o organismo provincial distribuirá exemplares nos centros educativos de Secundaria e de FP para que profesores e alumnos os utilicen como ferramenta para a reflexión e o debate nas aulas e tamén para que o incorporen as súas bibliotecas. Con isto búscase que a mocidade coñeza de primeira man testemuñas reais de oito mulleres de diversos eidos que reflexionan sobre as reivindicacións feministas e sobre as súas vivencias como mulleres.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -