_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MEDIO AMBIENTE
Un magnolio e a árbore de Nadal substituirán dúas palmeiras afectadas polas larvas de picudo

O Concello de Vilagarcía vai a cubrir as baixas que está a causar a vaga do escaravello picudo entre as palmeiras das zonas públicas con novas árbores. A substitución comeza esta mesma semana no parque da Xunqueira e na zona verde do grupo de San Roque, lugares onde se retirarán dúas palmeiras secas como consecuencia do ataque das larvas do picudo vermello. Na Xunqueira plantarse un magnolio doado por un particular e en San Roque plantarase a árbore de Nadal instalado na Praza de Galicia durante as pasadas festas.
16.01.2019.- O persoal do departamento de Xardíns do Concello está a levar a cabo os traballos que comezaron coa tala das palmeiras mortas e o levantamento e retirada da raizame das mesas. Unha vez eliminados os restos, plantaranse os novos exemplares destas outras especies arbóreas. O magnolio foi doado ao Concello por un particular, mentres que o albis normandiano utilizado para a decoración navideña, aproveitarase e plantarase de forma definitiva en San Roque.

As dúas palmeiras eliminadas non tiñan posibilidade de salvación tras o ataque do picudo. De feito, pese a estar practicamente secas, o interior dos troncos aínda contiñan numerosos insectos en fase larvaria e, algún xa, transformado en escaravello.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2019  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -