CONCELLO
O executivo local reunirase cos veciños de Vilaxoán para abordar o futuro do transformador eléctrico O goberno municipal reunirase nos vindeiros días con veciños de Vilaxoán que amosaron as súas dúbidas sobre o traslado do vello transformador eléctrico emprazado ao carón do lavadoiro. Unha representación deles xa se reuniu co alcalde, a portavoz e o enxeñeiro municipal, pero agora preténdese ampliar a conserva a un número máis amplo, dada a controversia que o traslado deste tipo de instalacións adoita xerar. Como se sabe, a intención do concello, de acordo cos técnicos e a empresa Fenosa, é trasladalo a un bunker no recinto da escola infantil, a escasos metros do actual transformador. Sería unha instalación similar ás que se adoitan facer tanto en edificios públicos coma privados, entre eles o propio concello, o auditorio ou o hospital, con tecnoloxía moderna e totalmente segura, fronte ó actual transformador, vello, antiestético e que xera numerosas queixas dos habitantes da zona, tanto polos ruídos coma pola súa propia presenza.
23.01.2019.- Do que se trata, en definitiva, é de que os veciños coñezan de primeira man as razóns polas que os técnicos aconsellan o seu traslado e de que o concello coñeza tamén en primeira persoa as dúbidas dos veciños. Despois de escoitar a uns e outros, o concello tomará unha decisión, pero sempre tendo en conta que, en calquera caso, esta zona de Vilaxoán –como calquera outra do municipio- precisa da presenza dun transformador para garantir o subministro eléctrico.