_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Concello e Acción Contra el Hambre poñen en marcha unha nova edición do “Vives Emprega”

O Concello de Vilagarcía, a través da Área de Benestar Social e en colaboración coa organización Acción Contra el Hambre, pon en marcha a sexta edición do programa “Vives Emprega”. Esta iniciativa de inserción sociolaboral vénse desenvolvendo dende hai dous anos en Vilagarcía con grandes resultados en canto ao índice de empregabilidade que acadan os seus usuarios. Nesta nova fase recibirán formación 25 persoas desempregadas. O luns, 28 de xaneiro, celébrase unha sesión informativa para todos os interesados en acceder ao programa. Será ás 11 da mañá no Auditorio.
25.01.2019.- O “Vives Emprega” é un proxecto creado e que desenvolve Acción Contra el Hambre, destinado a persoas en situación de desemprego que necesiten dar impulso á súa busca laboral. A participación para os usuarios é totalmente gratuíta, xa que o programa finánciase a través do Fondo Social Europeo e cunha subvención do Concello de Vilagarcía.

O obxectivo do programa é promover a inclusión sociolaboral das persoas con especiais dificultades para acceder ao mercado laboral. Para iso, proporciónaselles a formación e o asesoramento necesario para que podan sacar rendemento ao seu talento e a súa iniciativa mediante a adquisición de habilidades sociais e as competencias que demandan as empresas para contratar traballadores. Trátase tamén de poñer en valor as capacidades da persoa para axudarlle a conseguir os obxectivos laborais que cada un se propoña, tanto para acceder ao mercado laboral por conta allea, como por iniciativa propia, fomentando a cultura emprendedora para a posta en marcha dos seus propios proxectos empresariais ou de negocio.

Ademais, cóntase cunha rede de intermediación que facilitará o contacto directo dos usuarios con empresas, eventos de emprego propios e externos, así como talleres con responsables de recursos humanos das empresas da contorna.
Na charla informativa do vindeiro luns coa técnico do “Vives Emprega” resolveranse as dúbidas dos asistentes sobre o programa a desenvolver de febreiro a xuño e sobre o proceso de selección dos participantes. Os interesados poden inscribirse alí mesmo ou presentar a súa candidatura a través do mail rvidal@accioncontraelhambre.org , chamando ao teléfono 690 134 584 ou acudindo ás sedes do programa, nas dependencias do Centro de Formación Municipal de Matosinhos (polas mañás) o unas oficinas do Coworking DallequeDalle, na rúa Méndez Núñez 2 (polas tardes).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -