_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Mikel Erentxun, Joe Crepúsculo e Soleá Morente protagonizan a cuarta edición do ciclo musical “Achégate ao Salón”

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón, presentaron este mediodía a cuarta edición do ciclo musical “Achégate ao Salón”, que este ano regresa coa potencia de artistas consagrados e de plena actualidade, da talla de Mikel Erentxun, Joe Crepúsculo e Soleá Morente. Todos eles tocarán en domingo, no Salón García, as 13:00 horas. A oferta, xa de por si interesante pola calidade musical, engade o atractivo dos prezos reducidos: 9 euros a entrada individual para adultos, 3 euros para menores de 16 anos e de balde para desempregados. O bono para asistir aos tres concertos custa 20 euros.
26.01.2019.- O ciclo abrirase o domingo, 24 de febreiro co concerto de Joe Crepúsculo. Soleá Morente actuará o 24 de marzo e Mikel Erentxun pechará a cuarta edición do “Achégate ao Salón” o 14 de abril. Tanto os concertos de Mikel Erentun como o de Soleá Morente será en acústico, como ven sendo habitual no ciclo a desenvolver no Salón García. A excepción a porá Joe Crepúsculo debido ao estilo de música que toca, un pop electrónico que o ten convertido en abanderado da escena alternativa nos últimos tempos, como o demostra a súa presenza nos carteis dos principais festivais de España indis e alternativos.
Soleá Morente provén dunha familia dedicada e entregada á música. As súas raíces flamencas predominan nas súas composicións aínda que, a diferenza do seu pai Enrique e da súa irmá, Estrella, opta pola mestizaxe musical, mesturando o flamenco con estilos como a rumba, o funk ou o pop.

Mikel Erentxun é un dos máximos referentes da música pop das últimas tres décadas. O vasco forma parte da historia da música actual española a través da súa exitosa carreira iniciada nos anos 80 co mítico grupo Duncan Dhu, como pola súa posterior traxectoria en solitario. Na súa mochila conta con tres nominaicións aos Latin Grammy. No concerto de Vilagarcía presentará os temas do seu novo disco “El último vuelo del hombre bala” e terá tempo para botar unha ollada ao pasado con temas de Duncan Dhu.

Programa de dinamización cultural e económica

“Achégate ao Salón” é un programa ideado como elemento dinamizador para achegar distintos estilos de música a persoas de todas as idades e ao público familiar. Ademais de ampliar a oferta musical da cidade, o programa de concertos matutinos pretende ser un atractivo que active o sector hostaleiro os domingos pola mañá, unha vez rematadas as actuacións.

O alcalde, Alberto Varela agradeceu o traballo realizado pola concelleira de Cultura para poder ofertar aos vilagarciáns un cartel tan atractivo e de tanta calidade como o da actual edición do “Achégate ao Salón”, así como por crear iniciativas novidosas e tan exitosas como esta. O rexedor asegurou que o seu goberno continuará apostando por este tipo de programas que, como o “Agora Vermú”, pretenden cubrir a demanda de ocio músico cultural polas mañás, ou que, como o “Vila Blues” ou o festival de música Clásica ClasClás, buscan desestacionalizar a oferta e converter a Vilagarcía nun referente musical de calidade durante todo o ano.

Venta de entradas

As entradas para a cuarta edición do “Achégate ao Salón” poranse á venta o luns, 28 de xaneiro. Poderán adquirirse por anticipado a través da billeteira telefónica 902 044 226 e de ticketea.com. A venta anticipada conleva uns custes de xestión. Os desempregados tamén poden retirar as entradas por ticketea, para o que a plataforma dispón dun apartado especial. En todo caso, o día do concerto deberán acreditar a súa condición de desempregado no acceso á sala. A venta de entradas o día da actuación no propio Salón García queda supeditada á que non se esgoten na venta anticipada.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -