_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Xardíns realiza unha poda especial das árbores a pé de estrada cuxas ramas estorban o paso de vehículos

O departamento de Xardíns do Concello de Vilagarcía está a desenvolver unha campaña especial de poda destinada ás árbores situadas a pé de estrada cuxas ramas sobresaen sobre a calzada e estorban á circulación dos grandes vehículos. Os traballos céntrase esta semana na avenida do Preguntoiro, onde a frondosidade acadada polas árbores nos últimos tempos, impedía a normal circulación do intenso tráfico de camións que acoden ás industrias da zona e que resultaban golpeados polas ramas que se elevaban sobre a zona de paso dos vehículos.
28.01.2019.- Aproveitando a súa estancia en Vilaxoán, os operarios de Xardíns tamén realizarán labores normais de poda no resto das árbores do paseo o o xardín do Preguntoiro e no Parque Dona Concha. Neste último tamén se está a levar a cabo unha limpeza dos bancos de pedra e madeira, para o cal se utilizarán as máquinas de lavado con auga a presión.

Nesta mesma campaña de podas especiais, a semana pasada os departamento de Xardíns tamén despexou a zona da rúa Pablo Picasso invadida por ramas de árbores de gran porte que sobrevoaban a calzada e deuse un repaso aos exemplares do Parque do Piñeiriño.

Lousas e bolardos en Vista Alegre

Por outro lado, o departamento municipal de Obras, tamén dependente do concelleiro Lino Mouriño, remata estes días os traballos de mantemento na rúa Vista Alegre onde, ademais de repoñer e afianzar lousas soltas ou rotas, tamén se colocarán uns bolardos para evitar que os vehículos suban á beirarrúa na confluencia coa rúa López Cuevillas. AS medida foi proposta pola Policía Local en vista da reiteración de turismos que invadía a beirarrúa nesta curva, co conseguinte risco para os peóns e o deterioro da beirarrúa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -