_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello solicita á Xunta a contratación de 12 socorristas para a tempada de praias

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilagarcía acordou na reunión celebrada esta mañá solicitar á Xunta de Galicia a contratación de 12 socorristas de praia, ao abeiro do Programa de Fomento do Emprego e Mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais 2019.
28.01.2019.- O Concello está planificando a vindeira tempada de praia coa antelación necesaria para que todos os servizos estean a punto e en marcha a principios do verán, e o persoal encargado da vixilancia e salvamento é indispensable para os tres areais do municipio Campanario (Bamio), O Preguntoiro (Vilaxoán) e A Concha-Compostela., e obrigatorio no caso das dúas primeiras, que dispoñen de Bandeira Azul.

A axuda solicitada á Consellería de Economía, Emprego e Industria para subvencionar parte dos custos salariais das 12 contratacións ascende a 54.000 euros, aos que o Concello deberá achegar 2.855,16 euros máis. Coa suma total preténdese contratar a xornada completa durante 3 meses a 12 persoas desempregadas. As prazas solicitadas son as mesmas que o ano pasado, pese a que entón a Xunta so concedeu a contratación de 10 socorristas.

O Concello deberá esperar a que a Consellería resolva a convocatoria para coñecer cántos contratos se financian. Posteriormente procederíase a emitir a oferta ao Servizo Público de Emprego para realizar as probas de selección entre os candidatos que reúnan os requisitos entre os que atópase dispor do título homologado. Os contratos deberían iniciarse o 1 de xullo.

Neste punto cómpre lembrar que, dende hai dous anos e a través do Obradoiro de Emprego Labor@Xove , o Concello de Vilagarcía forma como socorristas en espazos acuáticos a mozos e mozas menores de 30 anos. Precisamente, o Concello solicitou á Xunta a impartición desta especialidade formativa en vista dos problemas que se rexistran cada ano para cubrir as prazas de socorristas de praia debido a carencia de persoas que contan coa titulación requirida e a elevada demanda laboral que existe.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -