CULTURA
Luis Piedrahita e as súas “agmídalas” regresan ao Auditorio de Vilagarcía en abril O popular monologuista Luis Piedrahita xa é un fixo na axenda cultural de Vilagarcía. De feito, o humorista coruñés volverá a facer escala este ano no Auditorio Municipal para representar o seu exitoso espectáculo “Las agmídalas de mis agmídalas son mis agmídalas”. Será o sábado, 6 de abril, ás 20:30 horas. As entradas estarán proximamente á venta a través da plataforma de ticketea a 15 e 17 euros (máis custes de xestión).
28.01.2019.- O paso por Vilagarcía de “El Rey de las Cosas Pequeñas”, ou o que é o mesmo, Luis Piedrahita, saldouse nas anteriores ocasións colgando o cartel de “aforo completo”, logro que espera volver a acadar nesta nova representación. Non en van, este espectáculo, xa testado en Vilagarcía, conta co aval de manterse dous anos xirando por toda España con gran éxito de público e a crítica o ten cualificado como “unha das obras máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI”.
“Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas” é un espectáculo de case hora e media no que se mesturan risas e emocións, conseguidas sen máis artificios que a personalidade, a voz e a expresión corporal do cómico coruñés, ademais do seu magnífico manexo da palabra e do dicionario da Real Academia.
As entradas para o espectáculo poranse á venta nos vindeiros días través de http://www.ticketea.com e do teléfono 902 044 226. O prezo en venta anticipada é de 17 euros (máis custes de xestións) nas zonas A e B e 15 (tamén máis gastos) na C.