_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
TERCEIRA IDADE
A Concellería subvencionou o bono bus municipal a un total de 72 persoas maiores en 2018

A Concellería de Persoas Maiores de Vilagarcía conta dende hai anos cun programa de bono bus municipal para garantir a mobilidade e autonomía das persoas de maior idade e con menos ingresos. En 2018, un total de 72 maiores contaron co bono bus subvencionado pola Concellería a través dun acordo coa empresa Pereira. O departamento que dirixe Tania García destinou o ano pasado 4.840 euros a financiar este programa.
30.01.2019.- O bono bus ten un custe de 25 euros, dos cales o beneficiario só paga 10, posto que a Concellería abona outros 10 e Pereira os 5 restantes. Funciona como unha tarxeta monedeiro, polo que vaise descontando dela cada viaxe que o usuario realiza nas liñas urbanas de Pereira. Aínda que ten unha duración mensual, de non esgotar os 25 euros neste período, o saldo pode seguir utilizándose pasada esa data ata esgotarse, ou acumúlase, no caso de renovar a mensualidade.

A cantidade que a Concellería de Persoas Maiores destina cada ano a este programa varía en función dos beneficiarios do mesmo e das veces que renoven o bono bus, posto que como algúns non esgotan o saldo no mesmo mes, as renovacións non chegan ás 12 ao ano. Así a todo, das 72 persoas que contaron co bono bus en 2018, máis da metade, en concreto 40 usuarios, renovaron a tarxeta mes a mes.
Do total dos beneficiarios, a maioría son mulleres, 53 fronte a 19 homes, case a mesma proporción de persoas que xa dispoñían da tarxeta o ano anterior en relación ás que a solicitaron e obtiveron por vez primeira no 2018, 54 fronte a 18.
Os requisitos que deben cumprir os vilagarciáns para poder acceder a este programa son ter cumpridos os 65 anos, estar empadroados no municipio e, posto que se trata dunha medida de carácter social, que os seus ingresos non superen o 1,5% do IPREM.

Ademais de facilitar a mobilidade dos maiores e de favorecer a súa independencia e autonomía, o bono bus segue o espírito doutras medidas postas en marcha polo goberno de Alberto Varela para promover o uso do transporte público colectivo co obxectivo de desconxestionar de tráfico a cidade e tamén para contribuír á causa medio ambiental de reducir a emisión de gases á atmosfera.

Nesta mesma liña enmárcanse o VaiBus! e o VaiBus Plus. O primeiro é un bono transporte para o público en xeral, subvencionado polo Concello, e que polo prezo reducido de 20 euros permite ao seu titular realizar viaxes ilimitados nas liñas do transporte urbano durante todo o mes. O VaiBus+!, o servizo de bus ao Hospital do Salnés que tamén financia o Concello co obxectivo de cubrir a carencia de servizos e frecuencias que existían para conectar a cidade co centro hospitalario de Ande. O prezo do billete deste servizo é de 1,35 euros, que se reduce algo máis si se compra o de ida e volta.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2019  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -