_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TERCEIRA IDADE
As actividades programadas pola Concellería de Persoas Maiores contaron con 870 participantes

Un total de 870 persoas participaron o ano pasado nas actividades organizadas pola Concellería de Persoas Maiores do Concello de Vilagarcía. O departamento que dirixe Tania García estruturou a súa oferta para o colectivo da terceira idade en catro bloques de actividades destinados a cubrir as necesidades de ocio, cultura, saúde e mobilidade dos seus usuarios en función das preferencias manifestadas por eles mesmos a través do Consello Local. Excursións, viaxes, romaría e obradoiros foron as principais, xunto coa concesión dos bono bus subvencionados.
01.02.2019.- A actividade máis multitudinaria é a Romaría das Persoas Maiores, o encontro anual e de confraternización que se celebra a principios de verán e na que os maiores se relacionan, socializan e pasan un completo día de festa na que non falta a gastronomía típica, a música, os xogos, o baile, os premios e os recoñecementos. Na edición deste ano participaron un total de 546 comensais. A actividade está subvencionada pola Concellería.

Pero as actividades pola que amosan máis ilusión os maiores son as viaxes. Para adecualos ás circunstancias de todos, a Concellería organizou unha excursión, dunha soa xornada de duración, e viaxes de varios días, todos eles subvencionados. O destino da excursión gastronómica deste ano foi O Carballiño, coincidindo coa Festa do Polbo que se celebra na localidade ourensá. 95 maiores encheron os dous autobuses fletados e financiados pola Concellería.
No mes de febreiro tivo lugar a viaxe cultural a León e Asturias, cunha duración de 5 días e 4 noites, participaron nela 55 persoas. Na tempada de outono, os maiores vilagarciáns tiveron a oportunidade de coñecer Salamanca, Ciudad Rodrigo, Alba de Tormes, La Alberca e Puebla de Sanabria. A viaxe tamén se prolongou durante 5 días e 4 noites e, ao igual que no anterior caso, os 55 viaxeiros beneficiáronse dos prezos reducidos, grazas á subvención da Concellería, nunha actividade na que incluía o desprazamento en bus, aloxamento en réxime de pensión completa, visitas guiadas e guía acompañante durante toda a viaxe.

No apartado de saúde e benestar, o ano pasado Persoas Maiores organizou unha nova edición dos obradoiros “Actívate” para a prevención da dependencia mediante a realización de actividades formativas, psicomotoras, de relaxación e de estimulación cognitiva. Entre as dúas quendas nas que se desenvolveu este programa, participaron nel un total de 53 persoas.

Por último, un total de 72 persoas obtiveron en 2018 o bono bus municipal para maiores subvencionado pola Concellería co obxectivo de favorecer a autonomía e mobilidade deste colectivo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -