_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Nexia Infraestructuras gaña o concurso das obras de humanización da rúa Vázquez Leis, en Vilaxoán

A Xunta de Goberno Local de Vilagarcía acordou hoxe adxudicar as obras de humanización da rúa Vázquez Leis á empresa Nexia Infraestructuras por importe de 204.616 euros, IVE incluído. A previsión é que os traballos, que teñen un prazo de execución de 3 meses, comecen a finais de febreiro ou principios de marzo. A obra permitirá renovar todos os servizos básicos, así como mellorar a accesibilidade, a seguridade viaria e a imaxe da principal arteria de Vilaxoán no tramo comprendido entre a avenida de Vilanova e a Praza Rafael Pazos. O proxecto finánciase cunha subvención de 150.000 euros do POS da Deputación e con fondos europeos a través do programa “Vilagarcía Avanza”.
04.02.2019.- O proxecto a desenvolver foi redactado polo arquitecto Juan Antonio Villanueva con base en directrices establecidas polo goberno local. A idea é que o peón sexa o protagonista principal dunha rúa que, non obstante, seguirá mantendo o tráfico rodado. Para isto deixarase toda a vía a un mesmo nivel, diferenciando a zona peonil da de tránsito de vehículos mediante diferentes pavimentos. Na zona de rodadura usarase formigón branco cepillado, e as beirarrúas cubriranse con lousas de pedra (granito silvestre), similar ás existente na praza. Por suposto, suprimiranse todas as barreiras arquitectónicas.

A praciña que existe á metade da rúa acondicionarase, creando unha pequena zona verde con céspede e arbustos de baixo porte na que se instalarán bancos de formigón con respaldo de madeira. Deste xeito crearase una pequena e coqueta zona de esparexemento que repercutirá positivamente na estética do conxunto.


O proxecto prevé a renovación das redes de saneamento e abastecemento de auga, como en todas as obras que promove o actual goberno. Neste caso en concreto, prestarase especial atención á canalización da recollida de pluviais dos edificios, que hoxe desauga directamente sobre a beirarrúa coas conseguintes molestias para os peóns. Tras a execución da obra, todas as canaletas quedarán conectadas directamente á rede soterrada, de xeito que as augas pluviais non encharquen a zona de tránsito dos peóns.

Do mesmo xeito, soterraranse as canalizacións eléctricas e de telecomunicacións, e substituirase o actual alumeado público por outro máis eficiente, de tecnoloxía LED e con interruptor astronómico que axusta o prendido e apagado ás condicións lumínicas do día.

UN LUGAR PARA VIVIR

Esta nova obra proxectada polo goberno local de Vilagarcía enmárcase no modelo de cidade no que traballa o executivo de Alberto Varela, baseado en conseguir unha cidade humanizada e accesible, con mellores servizos, onde o peón teña prioridade sobre os coches, e onde a suma destes factores actúe como motor para a dinamización demográfica e socioeconómica da zona na que se actúa. Dentro desta mesma política, no caso de Vilaxoán, ademais da intervención en Vázquez Leis, inclúese a construción da Escola Infantil.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -