TERCEIRA IDADE
Un fisioterapeuta impartirá as charlas divulgativas sobre envellecemento activo organizadas pola Concellería A Concellería de Persoas Maiores do Concello de Vilagarcía organiza un ciclo de charlas informativas sobre envellecemento activo que serán impartidas por un fisioterapeuta colexiado. Con este programa preténdese informar ao colectivo de maiores sobre diversos aspectos a ter en conta para previr problemas, así como para mellorar a súa mobilidade, benestar e calidade de vida, en temas que se poden abordar dende a fisioterapia. As sesións son de asistencia gratuíta e desenvolveranse entre febreiro e marzo na sala de conferencias do Auditorio con horario de 18 a 19 horas.
05.02.2019.- O ciclo está dirixido principalmente ás persoas maiores, pero as sesións son abertas para todo tipo de público interesado no tema. O fisioterapeuta Ricardo Pereira Vara será o encargado de impartir as charlas que comezarán o venres 15 de febreiro coa temática de “Hábitos de vida saudables”. O 1 de marzo celebrarase a segunda actividade que versará sobre “Envellecemento activo” e a última das sesións terá lugar o 15 de marzo, xornada na que se tratará a “Prevención de caídas”, un dos principais problemas que afectan ás persoas maiores e que pode ter consecuencias moi molestas e incluso graves a esas idade
Este ciclo forma parte do programa de actividades que desenvolve anualmente a Área de Persoas Maiores e que abrangue tanto temas relacionados coa saúde e benestar deste colectivo, como coa cultura o ocio ou a formación. Para o seu desenvolvemento cóntase coa colaboración do Colexio Oficial de Fisioterapeutas.