_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Corenta e cinco persoas inscríbense para participar no“Vives Emprega”

Un total de 45 persoas manifestaron o seu interese por participar no programa de inserción sociolaboral “Vives Emprega” posto en marcha por Acción Contra a Fame en colaboración co Concello de Vilagarcía. A organización do plan ten previsto rematar hoxe a selección dos candidatos que reúnan o perfil para cubrir as 25 prazas dispoñibles no programa no que, durante 6 meses, recibirán formación, asesoramento e intermediación para poder acceder ao mercado laboral.
06.02.2018.- Esta é a sexta edición do “Vives Emprega” que se desenvolve en Vilagarcía. Como nas anteriores, a Concellería de Benestar Social colabora no seu financiamento no marco das políticas que está a levar a cabo o executivo local para fomentar a creación de emprego. O departamento que dirixe Tania García apostou por esta iniciativa dende o principio debido aos bos resultados de empregabilidade que estaba rexistrando o programa de Acción Contra a Fame nas cidades de España e Galicia nas que se estaba a levar a cabo. Eses mesmos resultados positivos repetíronse en Vilagarcía, onde o programa acadou un elevado índice de inserción, tanto por conta allea como a través de accións de emprendemento.A participación dos usuarios neste programa, que tamén se financia a través do Fondo Social Europeo,é de balde.

O programa porase en marcha de xeito inmediato nas dependencias do Centro Municipal de Formación de Matosinhos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -