_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Normalización regalará libros aos colexios para divulgar a obra de Antón Fraguas, intelectual homenaxeado nas Letras

O Concello de Vilagarcía está traballando xa na preparación dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, que este ano renderán homenaxe a Antón Fraguas Fraguas. Para contribuír a divulgar a obra e a vida do intelectual de Cotobade, o Departamento de Normalización Lingüística repartirá entre os colexios de Primaria lotes da obra de Lela Edicións, “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas”.
07.02.2019.- O Concello destina 2.000 euros a adquisición de 350 exemplares deste libro e á realización dun obradoiro, aberto ao público, para dar a coñecer a vida e a obra deste destacado historiador e antropólogo galeguista que foi patrón e director do Museo do Pobo Galego. A obra está ideada para o público infantil a partir de 5 anos, polo que o Concello os repartirá co obxectivo de que os alumnos dos primeiros cursos de Primaria, coñezan os aspectos máis relevantes do legado e o pensamento de Fraguas dun xeito lúdico e través da ilustración.

No que respecta ao obradoiro, este terá como destinatarios o público familiar e será de acceso libre e gratuíto.

Antón Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 en Cotobade. No 1928, ano da súa licenciatura, formaba parte do Seminario de Estudos Galegos nas seccións de Etnografía, Folclore e Xeografía. Fíxose mestre en 1933, sendo represaliado e obrigado a abandonar o seu posto durante a Guerra Civil. Entre 1943 e 1950 volveu á Universidade e obtivo a cátedra do Instituto, ademais de ser director da sección de Etnografía e folclore do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. En 1951 pasa a formar parte da Real Academia Galega, ocupando o asento de Castelao. Dirixiu o Museo do Pobo Galego dende a súa fundación ata a súa morte. En 1984 recibiu a medalla Castelao e no ano 1995 a medalla das Artes e das Letras de Galicia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -