CONCELLO
Carmela Sanmartín amosa a súa faceta máis colorista e muticultural na exposición “Planetas Diversos” A oferta cultural de Vilagarcía engade esta fin de semana unha interesante proposta pictórica coa exposición “Planetas Diversos”, de Carmela Sanmartín, na sala de exposicións do Auditorio. A pupila de Guillermo Pedrosa amósanos a súa faceta máis colorista e multicultural nesta colección de cadros que nos leva de viaxe polo mundo. A mostra ábrese ao público hoxe ás 19:30 horas e poderase visitar ata o 21 de marzo.
08.02.2019.- Dentro da figuración colorista que caracteriza a esta artista, que ás veces tamén se entra no abstracto, as obras desta exposición desprenden empatía. As imaxes dos distintos lugares do mundo e das súas xentes que Sanmartín captura cos seus pinceis amosan respecto polas tradicións, as culturas e as relixións; e destacan o valor da intelixencia humana e a facilidade que temos para adaptar a nosa vida as características xeográficas nas que habitamos.