_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello saca a licitación o arrendamento por renting de 3 vehículos para a Policía Local

O Concello de Vilagarcía continúa co proceso de renovación do parque móbil da Policía Local. Neste caso sacando a licitación o arrendamento polo sistema de renting de 3 vehículos novos para substituír a outros que xa acumulan anos de uso continuado. Os vehículos poderán ser turismos ou monovolumes, de gasolina ou híbridos, e estar rotulados e dotados cos equipos e sistemas que establece a normativa para os coches policiais. O contrato terá unha duración de 48 meses e licítase por 123.173 euros (149.040 co IVE incluído).
08.02.2019.- Os concesionarios dispoñen de prazo ata o día 22 de febreiro para presentar as súas propostas conforme aos pregos de condicións. Neles fíxase que o contrato incluirá os servizos de mantemento e reparacións na propia concesionaria da marca. Ademais, os vehículos deberán estar asegurados a todo risco e cunha ampla cobertura.

A sinalización, pintura e rotulación dos aotomóbiles patrulla cumprirán o establecido por lei, ao igual que os equipos luminosos e acústicos propios dos coches policiais. Ademais, cada vehículo debe incluír no seu equipamento botiquín, cristais escurecidos, dúas lanternas policiais, extintor, prancha e barra de separación entre os asentos dianteiros e posteriores con soporte de defensas policiais e emisora compatible co sistema de comunicación da Policía, entre outros elementos.

A adxudicataria terá que entregar os vehículos, completamente acondicionados e dotados no prazo máximo de 2 meses a contar a partir da firma do contrato.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -