_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Un buraco baixo o firme obriga a pechar ao tráfico a rúa Vázquez Leis á altura da Confraría

A Rúa Vázquez Leis, en Vilaxoán, quedará cortada ao tráfico a partir de hoxe á altura da Confraría Virxe do Rosario. A medida adóptase a modo de precaución, ante o risco de afundimento que presenta a vía, totalmente oca nun tramo duns 10 metros de lonxitude. Esta circunstancia detectouse despois de que se afundirán un par de adoquíns, oco que permitiu aos operarios municipais advertir o nivel de erosión existente baixo a superficie.
08.02.2019.- Ante a envergadura da zona horadada baixo o pavimento, un arquitecto da Oficina Técnica acudiu a inspeccionar o lugar para determinar as medidas a adoptar. Segundo indican, a oquedade parece estar producida por fugas de auga das vellas redes de pluviais e saneamento que, co paso do tempo, erosionaron e leváronse o material de recheo. Ante esta situación, e ante as dúbidas de que nestas circunstancias o tramo de vía poida soportar o peso da circulación continuada de vehículos, optouse por cortar o tráfico.

Como se sabe, o Concello xa tiña previsto remodelar a rúa Vázquez Leis a través dunha actuación de humanización que tamén prevé a completa renovación das redes de saneamento e abastecemento de auga, moi antigas nesta zona de Vilaxoán. A obra adxudicouse este luns e aínda que xa estaba previsto que se iniciase no prazo dunhas semanas, en vista deste último acontecemento, o executivo local axilizará ao máximo os trámites burocráticos previos á firma do contrato para que os traballos comecen coa maior brevidade posible. Tralo acontecido, a obra proxectada permitirá tamén avaliar o estado do resto da Rúa Vázquez Leis na que está previsto desenvolver a actuación de humanización.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -