_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Aberto o prazo de presentación de ofertas para as obras de mellora do campo de fútbol de Vilaxoán

O Concello de Vilagarcía sacou a licitación as obras de mellora do campo de fútbol de Vilaxoán. Cun investimento de 216.000 euros, os traballos permitirán renovar a herba artificial, reconstruír o muro norte e acondicionar o da banda leste. As empresas dispoñen de prazo ata o 27 de febreiro para presentar as súas ofertas. As obras, que se financian a través do POS da Deputación, terán un prazo de execución de 2 meses.
09.02.2019.- A execución deste proxecto foi un compromiso do goberno local no marco do Plan de Mellora das Infraestruturas Deportivas Municipais. Anteriormente xa se levara a cabo a reforma dos aseos públicos, unha demanda dos usuarios das instalacións deportivas. A previsión é que as obras non comecen ata verán, para non interferir no calendario oficial de competicións dos equipos. En todo caso, as datas concretaranse coa directiva do Club San Martín.

O proxecto a levar a cabo mellorará considerablemente as condicións de uso do campo de fútbol de Vilaxoán, tanto de cara á practica deportiva, como para o público que acude a presenciar os partidos dos clubs que fan uso das instalacións. No terreo deportivo, o cambio da herba artificial repercutirá nunha maior seguridade dos deportistas, xa que o actual céspede está moi compactado e duro debido ao uso intensivo durante toda unha década.

A nova herba artificial a instalar será de última xeración, de maior calidade e perfectamente adaptada ao uso deportivo. Ademais, cumprirá os requisitos de calidade esixidos pola FIFA. O proxecto inclúe o pintado do terreo de xogo con liñas de marcaxe para fútbol 11 e fútbol 7 conforme á regulamentación vixente. As obras aproveitaranse para levantar, limpar e revisar todas as rexillas de drenaxe perimetral do tapiz.

Xa fora do terreo de xogo propiamente dito, as melloras afectarán a dous dos muros do pechamento do campo. A obra máis importante afectará á parede do fondo norte que actualmente presenta problemas de inestabilidade . Este muro reconstruirase por completo en formigón armado e aceiro. O peche da banda leste acondicionarase e pintarase.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -