_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O programa de novos valores internacionais (YAP) do ClasClás bate marcas de participación na súa segunda edición

O prestixio que, con tan so unha edición celebrada, está adquirindo o Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía ClásClás está quedando máis que patente na inscrición do Programa de Novos Valores Internacionais, YAP (Young Artists Program) deste ano. Cando aínda falta unha semana para que se peche o prazo de presentación de candidaturas, o número de músicos inscritos achégase á centena e xa supera ao total da primeira edición. A marca bátese tamén no que se refire á internacionalidade, xa que hai participantes de moitos más países; e o máis importante, na calidade dos músicos.
09.02.2019.- A organización do festival está moi satisfeita polos resultados obtidos ata o de agora. Máis aínda tendo en conta que o ano pasado o 70% das inscricións realizáronse durante a última semana do prazo. De manterse esta tónica, a participación aínda pode elevarse moito.

A internacionalidade do ClasClás, e máis en concreto do YAP, tamén bate marcas nesta segunda edición, cunha maior representación de países. Aínda que a maior parte dos músicos inscritos pertencen a estados da Unión Europea, tamén hai inscricións procedentes de países como Taiwán, China, Singapur, Corea do Sur, Xapón, Nova Zelanda, Rusia, Letonia, México, Colombia, Venezuela, Israel, Canadá e EEUU. Por suposto, tamén é importante a presenza de novos talentos españois e galegos.

Pero o que a organización destaca por riba de todo é o elevado nivel musical que presentan os candidatos e que, de seguro, engadirá dificultade ao proceso de selección que levará a cabo o comité artístico do festival para elixir aos 25 novos talentos que participarán no II Festival Internacional de Música ClasClás, que se celebrará en Vilagarcía do 27 de xuño ao 6 de xullo. O cartel darase a coñecer a principios de marzo.

Baixo un orixinal formato, o ClasClás combina a faceta formativa ao máis alto nivel dos músicos noveis, co obxectivo de “popularizar” a música clásica sacándoa ás rúas para achegala ao público en xeral. Dada a internacionalidade deste evento musical, o festival tamén ten un importante potencial turístico xa que, durante 10 días permanecen en Vilagarcía, non só os músicos e mentores que participan no festival e que chegan de diversos lugares do mundo, senón tamén familiares e amigos, así como moitas outras persoas que acoden para asistir ao evento como público. Un dos principais atractivos neste sentido son os concertos que se desenvolven en lugares emblemáticos e de especial beleza do municipio, como os pazos de Rubiáns e da Golpilleira, ou a igrexa de Vista Alegre. A combinación deste binomio música-contorna converte os concertos do ClasClás en experiencias sensitivas inigualables.

O Young Artists Program está deseñado para desenvolver a formación musical de novos valores internacionais que están a comezando as súas carreiras profesionais. Os músicos seleccionados formarán grupos de cámara con outros participantes e/ou cos mentores do festival, e, baixo a tutela dos mesmos, traballarán o repertorio co que actuarán nos concertos que terán lugar ao longo do festival. O programa educativo completarase con masterclasses, workshops, sesións de coaching, conferencias e mesas redondas dedicadas a diversos aspectos de vital importancia no desenvolvemento dunha carreira profesional musical a nivel internacional.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -