_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O “desTapa” de inverno chega cargado de exquisiteces para o padal e premios a motor

A asociación Ahituvi e o Concello de Vilagarcía volven a poñer en marcha o “desTapa” de inverno. Tras o éxito das anteriores experiencias, a que será a novena edición da Ruta-Concurso de Tapas de Vilagarcía celebrarase do 15 ao 22 de febreiro coa participación de 14 establecementos hostaleiros e co formato habitual, que premiará tanto ás mellores tapas como ao público participante. A cita, que sempre deixa un excelente sabor de boca, engade nesta ocasión a novidade dos premios consistentes na cesión durante unha fin de semana de vehículos dos últimos modelos de Volkswagen e Audi, grazas ao patrocinio do concesionario Vepersa. Tamén haberá premios en metálico, electrodomésticos e botellas de viño.
08.02.2019.- O “desTapa” de inverno celebrarase do 15 ao 22 de febreiro, coas excepcións dos días 18, 19 e 20. Nesta ocasión, a temática do concurso de tapas é libre para que os cociñeiros dispoñan de absoluta liberdade á hora de realizar as súas creacións gastronómicas e tamén para favorecer unha maior variedade no produto final ofertado ao cliente. A organización salientou a calidade e orixinalidade das tapas presentadas este ano polos locais participantes, que poñen de relevo a excelencia da hostalería local.

O prezo da tapa será de 2,5 euros. Si se opta por acompañala cun botellín de cerveza Mahou, o prezo sube a 3,50 euros e si se prefire unha copa de viño –albariño ou mencía- será de 4 euros. O xoves 21, a partir das 20 horas será a “Noite do Tapeador”.polo que os prezos veranse reducidos a 2,20 a tapa soa, 3,20 con cerveza e 3,50 con viño.

Aínda que a inauguración oficial do “desTapa” será o día 15 de febreiro a mediodía co Concurso de Tirada de Cañas, a ruta gastronómica propiamente dita dará comezo ás 20 horas. Os establecementos participantes deberán obrigatoriamente servir as tapas do concurso de 13 a 15 horas e de 20 a 22.30 horas, ou ata esgotar existencias. Os locais participantes nesta edición son o Bar de Co, El Trastero, Madialeva, Tablizo, Xoxes’s, Mezclum, La Baldosa, D’María, Derby, La Marimorena, Misterio, Doña Tapa, La Parra de Julián e o Taller del Olvido.

Os clientes poderán participar no sorteo dos premios selando, en 6 establecementos diferentes nos que proben as tapas, as cartillas que poderán encontrar nos propios locais. Unha vez selados, deberán votar ás tres receitas que máis lle gustaron e depositar a cartuliña nas furnas que tamén estarán nos establecementos.

O voto do público decidirá que local leva o premio á mellor tapa da edición, así como a segunda e terceira clasificadas. E entre as cartillas presentadas, sortearanse os premios ao público.

O “desTapa” Vilagarcía xurdíu como unha iniciativa tendente a dinamizar a hostalería local durante a temporada baixa e tamén como atractivo turísitico para desestacionalizar a oferta na localidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -