_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello dedica o mes de febreiro a Rosalía de Castro cun programa de actos específico

A axenda cultural do mes de febreiro en Vilagarcía ten como protagonista central a Rosalía de Castro. Con motivo da conmemoración do nacemento da poetisa padronesa, o 24 de febreiro, o Concello deseñou un programa de actos específicos para lembrar e divulgar a vida e a obra desta figura clave do Rexurdimento Galego. Exposicións, música e poesía conforman a oferta que se concentra na Casa de Cultura de Rey Daviña.
12.02.2019.- Son tres as exposicións dedicadas a autora de “Cantares Galegos”: A mostra fotográfica de Xurxo Lobato “Airiños, aires” inaugurouse o 1 de febreiro na sala Antón Rivas Briones e poderá visitarse ata o 8 de marzo. Nela, o fotoxornalista percorre en imaxes diferentes lugares da xeografía galega relacionados coa vida ou coa obra de Rosalía.

Tamén o 1 de febreiro comezou a exposición coa que tradicionalmente a Biblioteca Pública Rosalía de Castro honra estas datas. Trátase dunha mostra bibliográfica na que se recollen as obras e os estudos críticos e biográficos sobre a autora que existen nos fondos do centro. Pódese visitar no primeiro andar da Biblioteca e compleméntase cun tríptico e cos paneis informativos instalados no vestíbulo da Casa da Cultura, nos que se relatan a vida e a obra de Rosalía. Tamén nesta zona se dispuxeron uns expositores con reproducións das cubertas dalgunhas das obras máis representativas da poetisa e que forman parte do fondo da Biblioteca. As exposicións da Biblioteca permanecerán instaladas ata o 23 de marzo.

A terceira das mostras sobre Rosalía é a que leva por título “Quero ver o mar” e está situada na antesala do Salón García. Completa o atrezzo unha característica “cabeza” de Rosalía creada polo artista local, Platis.

En canto ás actividades programadas, estas comezarán o día 19 de febreiro cunha visita guiada á mostra de Xurxo Lobato. O propio autor será o encargado de explicar o significado das fotografías e o seu contexto en relación a Rosalía. A actividade é de acceso público e de balde. Comezará ás 18:00 horas e o público que desexe asistir so ten que achegarse ata a sala Rivas Briones un pouco antes da hora sinalada.

A Biblioteca Municipal organiza o día 22 de febreiro unha actividade para estudantes de terceiro curso da ESO. A vicepresidenta da Fundación Rosalía de Castro, Ana Blanco; manterá un encontro cos estudantes para facerlles chegar os aspectos máis descoñecidos da vida e da obra de Rosalía. Será a partir das 12 do mediodía nas propias dependencias de Rey Daviña.
Ao remate do encontro, repartiranse entre os asistentes marca páxinas e o tríptico no que se recollen os fondos da biblioteca sobre a ilustre escritora.

O sábado 23 de febreiro celebrarase na antesala do Salón García unha lectura pública de poemas de Rosalía, acto aberto ao que se poderá sumar todo o público que o desexe, tanto en calidade de oínte como para ler algún versos. O acto comezará ás 12 horas.

Aínda que as exposicións aínda permanecerán durante máis tempo, será o día 23 de febreiro cando se clausure a programación especial dedicada a Rosalía de Castro cun concerto no Salón García. A formación “Son Trío”, composta por voz, piano e cello, mesturará a linguaxe da música clásica coa jazzística e a contemporánea para interpretar unha serie de temas inspirados no poemario “Follas Novas”. O concerto comeza ás 21:00 horas e a entrada é libre e de balde ata completar aforo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -