_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O tecno-indi de Joe Crepúsculo abre o ciclo de concertos do “Achégate ao Salón”

A cuarta edición do “Achégate ao Salón”, o ciclo de concertos matutinos organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía, comeza o domingo 24 de febreiro co concerto tecno-indi de Joe Crepúsculo, ao que nas seguintes semanas seguirán os de Soleá Morente (24 de marzo) e Mikel Erentxun (14 de abril). A actuación celebrarase no Salón García, na Rúa Rey Daviña, partir das 13:00 horas. As entradas para todos os concertos xa se poden adquirir de xeito anticipado (con gastos de xestión) a través de ticketea.com. O prezo xeral é de 9 euros para adultos, 3 euros para menores de 16 anos e de balde para desempregados (acreditando a situación). O bono para os tes concertos custa 20 euros.
14.02.2019.- Joe Crepúsculo:

Nada foi o mesmo para a escena alternativa desde aquel 2008 no que o catalán Joël Iriarte, ao que ata entón coñeciamos por formar parte de Tarántula, publicaba dous álbums impredicibles e que se saían de todas as estéticas reinantes no circuíto aqueles anos: primeiro, “Escola de zebras”; e meses despois, “Supercrepus”. Aqueles dous primeiros discos foron o puntapé inicial para unha carreira que se debatería con soltura entre a canción verbeneira, a baixa fidelidade, o crooner bakala e os himnos tecnopopeiros domésticos que acabarían sendo parte do repertorio máis icónico do ben ou mal chamado ‘ indie español’.

Pasaron dez anos, e tamén dez discos desde que Crepus puxese a primeira pedra. Para celebralo, o barcelonés publica 10, unha compilación que repasa toda a súa traxectoria ao longo desta primeira década. Ademais de remasterizar o son do seu primeiros tres discos (a amentados “Escola de zebras” e “Supercrepus” e o seguinte, “Chill Out”), tamén se inclúe dous temas inéditos que non forman parte de ningún álbum: “Quizá” e “Todo o belo é gratis”, regravada coa axuda de Tomasito e Víctor Iniesta, quen fose guitarrista de El bicho. A imaxe de portada foi tomada polo prestixioso fotógrafo Pablo Zamora.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -