_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O TSXG tamén ratifica a imposición das taxas municipais por ocupación de terreo á propietaria da casa en ruínas do Castro

O Concello de Vilagarcía vén se sumar unha nova vitoria no conflito xudicial aberto pola empresa propietaria da Casa do Castro que se mantivo durante anos en estado ruinoso e en situación de risco para persoas e bens pese aos requirimentos municipais. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso interposto pola firma contra a anterior sentenza do Contencioso Administrativo que daba a razón ao Concello sobre a liquidación das taxas municipais que Tvitec System Glass debe abonar polo peche preventivo da calexa lateral ao inmoble. Igual que no primeiro fallo, o TSXG condena á empresa a aboar os 53.000 euros das taxas e tamén a facerse cargo dos custes procesais.
15.02.2018.- Tvitec System Glass, SL adquiriu o inmoble da Praza Martín Gómez Abal en maio de 2012. Pouco despois comezaron a desprenderse elementos do edificio, o que obrigou a intervir a Protección Civil. Ante o risco de novos desprendementos e diante no nulo caso aos requirimentos do Concello para que a titular realizarse as obras oportunas, a travesía entre Juan García e a Avenida da Mariña estivo pechada ao público entre o 18 de febreiro de 2013 e o 31 de decembro de 2015. Conforme á ordenanza fiscal reguladora, iso significou o devengo dunha taxa de 3,05 euros/día, “imputable al propietario por su negligencia al no disponer de medidas de seguridad y la necesidad de proceder al vallado provisional”, segundo se recollía na sentencia do Xulgado Contencioso Administrativo.

O TSXG desbota unha por unha as alegacións expostas pola empresa no novo recurso e ratifica os argumentos do anterior fallo, sentenciando que “el caso examinado se corresponde con el hecho imponible previsto en el artículo 2.c de la citada ordenanza II.14” reguladora de servizos especiais e transportes. Tamén ratifica o importe liquidado polo Concello, expoñendo que “el contenido del artículo 5 de la ordenanza II.14 recoge determinaciones suficientes para el adecuado cálculo de la cuota tributaria en relación a los diversos servicios y tarifas previstas…”. Ademais, o Tribunal advirte que “precisamente, la llamativa pasividad de la titular del inmueble provoca el mantenimiento de la situación de riesgo que forzó a la actuación municipal y consecuentemente a la duración de esta última con las consecuencias económicas que de ellos derivan”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -