_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Concello asume o custe de cubrir o patio da Unitaria de Aralde ante a negatiava da Consellería de Educación

O Concello de Vilagarcía farase cargo dos custes de instalación dunha cuberta no patio de recreo da Escola Infantil de Aralde. As familias dos alumnado do centro recorreron ao goberno local ante a negativa da Consellería de Educación a financiar a actuación, situación que o alcalde, Alberto Varela, se comprometeu a resolver. De feito, o Arquitecto Municipal xa visitou as instalacións e se reuniu cos pais para concretar as características da obra a efectos de plasmalas no proxecto que xa se comezou a redactar.
15.02.2019.- Os pais e nais dos escolares matriculados na Unitaria de Aralde demandaban dende facía tempo que se cubrira parte do patio de recreo posto que, nas condicións actuais, os días de chuvia, os cativos víanse recluídos toda a mañá no interior das dependencias, sen poder gozar do necesario tempo de esparexemento. A actuación que consistirá en instalar unha cuberta un lateral e na parte traseira da escola, os nenos e nenas poderán saír ao recreo e xogar ao aire libre sen mollarse aínda nos días de chuvia.

O alcalde considera moi grave e lesiva para a comunidade escolar a actitude que a Consellería de Educación mantén dende hai anos en Vilagarcía, deixando de investir nos centros da súa competencia. O rexedor denuncia o insistente abandono de responsabilidades da que fai gala a Xunta de Galicia en materia de educación “sen importarlle en absoluto que son os nenos e nenas os que padecen as consecuencias do seu abandono”. Varela lembra que o actual goberno local tivo que asumir en varias ocasións investimentos que lle correspondía realizar á Xunta de Galicia “para evitar situacións de risco e para garantir que alumnos e profesores desempeñen a súa actividade en lugares dignos”. Por exemplo, o Concello aportou fondos municipais para financiar a construción do ximnasio do colexio de Rubiáns, para o cambio da cuberta do Rosalía de Castro e para a obra do comedor do Piñeiriño.

A maiores, operarios do servizo municipal de Medio Ambiente do Concello tamén están substituíndo as varandas que protectoras do terraplén situado nas inmediacións da escola, que se atopaban gravemente deterioradas e representaban un risco para os cativos que pasan e xogan a diario nesta zona.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -