_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cultura pecha o sábado o mes de Rosalía coa lectura pública de poemas e un concerto no Salón García

A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía pecha o sábado, 23 de febreiro, a programación conmemorativa do nacemento de Rosalía de Castro. Para esa xornada están programadas dúas actividades abertas á cidadanía. A primeira é unha lectura pública de poemas da autora homenaxeada e a segunda o concerto da formación musical “Son Trío”, que interpretarán temas inspirados no poemario “Follas Novas”. As exposicións da Biblioteca e a mostra fotográfica “Airiños, Aires”, de Xurxo Lobato continuarán unhas semanas máis na Casa da Cultura e na Sala Rivas Briones.
21.02.2019.- O primeiro dos actos previstos para o sábado é a lectura pública de poemas de Rosalía que se celebrará a partir das 12 do mediodía na antesala do Salón García, nas dependencias municipais da Rúa Rey Daviña. Poderá participar toda persoa que desexe homenaxear á autora de “Cantares Gallegos” lendo versos de calquera das súas obras.

Xa pola noitiña terá lugar o concerto “Miña Almiña” protagonizado pola formación “Son Trío”, composta por voz, piano e cello. A poesía de Rosalía é o fío condutor deste espectáculo musical no que se mesturarán a linguaxe da música clásica coa da contemporánea e do jazz. “Miña Almiña” é unha proposta íntima baseada nunha escolma do poemario “Follas Novas”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -