_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello toma posesión da Casa Jaureguizar para dedicala a centro social da terceira idade

A Casa Jaureguizar é dende hoxe propiedade municipal. O chalé decomisado ao narcotráfico foi adquirido formalmente polo Concello de Vilagarcía co obxectivo de dedicalo a centro social para a terceira idade. A delegada do Plan Nacional sobre Drogas, Azucena Martí, e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, formalizaron ante notario a compra do inmoble situado no número 3 da Avenida Doutor Tourón nun acto celebrado no consistorio. A continuación realizouse unha visita ao inmoble a modo de toma de posesión e como símbolo da vitoria da sociedade na loita contra o narcotráfico.
21.02.2019.- Ao acto de formalización da compra por parte do Concello e de entrega das chaves do inmoble asistiron, a maiores da delegada do Plan Nacional sobre Drogas, a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; e altos cargos rexionais do Ministerio de Facenda, de Aduanas e Impostos e do Servizo de Vixilancia Aduaneira; ademais dos membros do equipo de goberno e representantes da Plataforma Galega contra o Narcotráfico. A delegada do Plan sobre Drogas destacou a presenza de todas estas persoas apuntando que “isto é posible grazas á gran labor realizada por fiscais, xuíces, forzas de seguridade, administracións e ao conxunto da sociedade civil hoxe aquí representados. Eles son os verdadeiros heroes”.

Azucena Martí puxo de manifesto a súa alegría por “poder dar visibilidade social ao feito de que as cousas se están facendo ben” e salientou que os cartos pola venta dos bens incautados ao narcotráfico dedícanse integramente a financiar os programas de atención e reinserción de drogodependentes.

Pola súa banda, o alcalde agradeceu as facilidades dadas pola delegada do Plan para que o Concello de Vilagarcía puidese incorporar ao patrimonio público un inmoble emblemático da cidade, que xa non correrá o risco de perderse, porque se vai a rehabilitar e porque, ademais, vai a ter un uso público e social do que se beneficiarán os vilagarciáns, “algo moito máis simbólico aínda, tendo en conta como e de quen se recuperou”.
Varela aproveitou para reiterar á delegada do Plan Nacional a petición de que informen ao Concello das propiedades que teñan previsto ir sacando a subhasta e que estean no termo municipal de Vilagarcía “para poder darnos a opción a adquirilas si fosen do noso intereses e puideran ter unha finalidade pública”. O rexedor engadiu que “aínda que non somos un Concello rico, nin nos sobran os cartos, a boa xestión económica permítenos poder facer operacións como esta”.

Finca de 700 metros cadrados en pleno centro da cidade

A casa deseñada polo Arquitecto Jaureguizar foi adquirida por Marcial Dorado aos seus propietarios hai décadas. O inmoble, pola súa singularidade, esta incluído no Catálogo Municipal de Bens a protexer. A propiedade, entre outras moitas, foi incautada polo Estado a Dorado por delitos relacionados co narcotráfico e branqueo de cartos resultantes desta actividade. No momento no que o Plan Nacional anunciou a convocatoria da subhasta dun lote de bens no que se incluía este chalé, o alcalde xestionou en Madrid a posibilidade da venta directa ao Concello, proposta que a delegada do Plan aceptou ao garantirse deste xeito que o ben ía volver a reverter en beneficio da comunidade a través do uso social que lle vai dar o Concello. O acordo económico tamén resultou beneficioso para a administración local, xa que a delegada tamén aceptou vender a casa polo prezo de saída previsto para a subhastas, é dicir polos 170.047 euros que finalmente pagou o Concello.

A propiedade sitúase no centro de Vilagarcía, na esquina das rúas Doutor Tourón en Fariña Ferreño. A finca ten unha superficie total duns 700 metros cadrados e a casa propiamente dita, suma preto de 400 metros cadrados divididos en baixo, planta e baixo cuberta. Aínda que non presenta danos estruturais, o edificio está deteriorado polo que ase fará un proxecto técnico de rehabilitación e reforma para adaptalo ao novo uso social que se lle vai dar. A valoración do custe dos traballos determinarao o propio proxecto.

Visita ao SPAD

Tras a toma simbólica da Casa da Avenida Doutor Tourón e a visita ao interior das dependencias, a delegación trasladouse ás instalacións do Servizo Municipal de Prevención e Atención de Drogodependencias (SPAD) -un dos primeiros que entraron en funcionamento en Galicia na década dos 80- para que os responsables do Plan Nacional coñecesen o traballo que se leva facendo neste tempo na atención a persoas adictas e na súa reinserción social e laboral, así como en materia de prevención.




4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -