_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Os cursos CELGA poderán realizarse este ano de forma telemática ou presencial

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vilagarcía informa da nova convocatoria para a realización dos cursos de galego CELGA correspondentes aos diferentes niveis. A novidade deste ano é que os interesados poden optar por formarse de xeito tradicional, con clases presenciais, ou por vía telemática. O prazo de inscrición está aberto ata o día 11 de marzo.
22.02.2019.- As cidades máis próximas a Vilagarcía nas que se impartirá a formación presencial son Pontevedra, Santiago e Vigo. Os cursos ofertados pola Xunta son os dos niveis Celga 3 e 4 en Pontevedra, Celga 2, 3 e 4 en Santiago e niveis 2, 3 e 4 en Vigo. Na modalidade telemática se impartirán os Celga 3 e 4.

As persoas que opten pola modalidade telemática deben inscribirse obrigatoriamente a través da sede.xunta.gal. No caso de estar interesados nos cursos presenciais, a inscrición tamén se pode realizar vía internet a través do mesmo enderezo, ou cubrir os formularios que se lles facilitarán no Servizo de Normalización do Concello e presentalos debidamente cubertos a través do Portelo Único do Rexistro Xeral da administración local.

Para máis información poden dirixirse ao Gabinete de Normalización en Pontevedra, chamando aos teléfonos 986 805956, 986 805957 e 986 805971. Tamén no Concello de Vilagarcía, no departamento de Normalización sito no primeiro andar, ou a través do teléfono 986 099 200 extensións 317 ou 319.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -