_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Concello e Xunta subvencionarán ás empresas que contraten aos alumnos do obradoiro FORME

As empresas que decidan contratar aos alumnos do obradoiro de emprego FORME unha vez rematada a súa etapa formativa recibirán unha axuda económica a través do Concello de Vilagarcía e a Xunta de Galicia. Estes incentivos á contratación enmárcanse no Obradoiro Dual de Emprego posto en marcha por primeira vez en Vilagarcía hai uns meses coas especialidades de Carpintería e Moble e Promoción e Información Turística. A Xunta Local de Goberno aprobou as bases que rexerán a convocatoria das subvencións que as empresas relacionadas coas especialidades impartidas poderán solicitar a partir do día seguinte á publicación no BOP.
22.02.2019.- Para acceder a estes incentivos económicos, os contratos deben ter unha duración mínima de 3 meses, ser a xornada completa e relacionados co ámbito da formación que recibiron os alumnos. A contía da axuda será de 1.500 euros por traballador contratado.

O Concello de Vilagarcía, a través da súa concellería de Promoción Económica e Emprego, mantivo o ano pasado varias reunións con empresas e negocios do municipio para expoñerlles o proxecto do obradoiro dual. Neses momentos, varios empresarios manifestaron o seu interese en participar no programa a través da contratación dos participantes no obradoiro ao remate da etapa formativa. Non obstante, a solicitude debe realizarse formalmente a través da convocatoria que está a piques de publicarse no BOP. As empresas interesadas disporán dun mes de prazo, a contar a partir do día seguinte á publicación, para realizar o trámite.

O Obradoiro de Emprego FORME está destinado á formación e mellora da empregabilidade de desempregados de 18 anos en diante. Nesta ocasión estase a desenvolver un módulo de Carpintería e moble e outro de Promoción turística e información ao visitante, en cada un dos cales participan 10 alumnos. Como en edicións anteriores, o obradoiro inclúe formación teórica e práctica no Concello durante os 9 meses, período durante o cal os alumnos contan cun contrato remunerado. A novidade deste obradoiro dual é que, unha vez rematados os 9 meses do obradoiro, os alumnos que superen a formación de xeito satisfactorio poderán acceder ao mercado laboral a través da contratación temporal por conta allea que se incentiva coa concesión destas axudas públicas. Trátase dun xeito de facilitar a reinserción laboral destes desempregados, facilitarlles a obtención de experiencia laboral para ampliar o seu currículo e mesmo a posibilidade de permanecer nas empresas que os contraten a través desta iniciativa.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -