_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A humanización da Rúa Cervantes en Carril despega esta semana

A primeira fase do proxecto de humanización das Rúa Cervantes, en carril ponse en marcha esta semana. Mañá comezarán os traballos de medición e sinalización da zona afectada e as obras propiamente ditas iniciaranse a vindeira semana. O proxecto promovido polo Concello de Vilagarcía a través do programa “Vilagarcía Avanza” ten un custe de 224.506 euros que se financiará cos fondos europeos correspondentes á EDUSI.
A primeira fase desta humanización no casco antigo de Carril afectará ao primeiro tramo da rúa Cervantes, no que renovará por completo a súa imaxe, así como os servizos públicos que discorren por ela. A actuación afectará a unha superficie de 1.724 metros cadrados e consistirá en establecer unha plataforma nun so nivel no que as beirarrúas diferenciaranse do carril de circulación –que se mantén nun só sentido- mediante o xogo de diferentes pavimentos e cores, posto que se combinará o uso de lousas e adoquíns de formigón prefabricado. A zona de paso de vehículos será de formigón, material máis resistente para este uso.Tamén se disporán prazas de estacionamento.

As beirarrúas dimensionaranse para garantir a accesibilidade, e a mellora estética completarase coa creación de zonas verdes e novo mobiliario urbano. Tamén se renovará o alumeado público cos elementos máis estéticos e eficientes enerxeticamente, e incluirase iluminación no chan para realzar as zonas verdes.

No espazo que existe á altura da subida á Rúa Castillejos crearase unha pequena praciña ou zona de recreo e tamén se reformará a praza próxima á estrada xeral, establecendo unha especie de barreira natural que mellore tanto a seguridade neste punto, como a súa imaxe.

Os traballos permitirán renovar as redes de saneamento, pluviais e abastecemento de auga, así como canalizar os tendidos eléctricos e de telecomunicacións. De feito, goberno local optou por iniciar as humanizacións en Carril por esta rúa debido ao mal estado que presentaban as redes dos servizos básicos (auga e saneamento), como o propio pavimento, que se estaba a afundir en diversos puntos.

A adxudicataria da obra é a empresa Montajes J.M. Iglesias e o prazo de execución é de 6 meses.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -