_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O número de usuarios do Servizo de Axuda no Fogar incrementouse un 90% nos últimos tres anos

A firme aposta realizada polo goberno local de Vilagarcía por potenciar os Servizos Sociais ten un dos seus mellores exemplos no Servizo de Axuda no Fogar. Nos últimos tres anos o SAF incrementou un 90% o número de usuarios, pasando dos 66 cos que contaba en 2015 aos 125 cos que se pechou o exercicio 2018. Ademais, a previsión para o ano en curso é continuar rexistrando novas altas. Este esforzo por ampliar a cobertura social ás persoas dependentes a través do SAF veuse igualmente reflectido no gasto realizado polo Concello, que pasou dun presuposto de 515.750 euros en 2015 aos 995.158 euros previstos para o ano en curso.
26.02.2019.- O efecto directo deste incremento orzamentario do SAF levado a cabo polo executivo que preside Alberto Varela ao longo do mandato que está a piques de rematar é que moitas máis persoas con dependencia valorada ou sen ela están a recibir a atención e apoio que precisan a diario para poder continuar desenvolvendo a súa vida nos seus propios fogares, proporcionándolles maior benestar e tamén autonomía.

Pero, aparte desta vertente social, a potenciación do SAF ten tamén unha importante consecuencia indirecta en materia laboral, posto que a ampliación do servizo e do número de usuarios, incidiu na creación de novos postos de traballo. De feito, a concesionaria tivo que contratar máis coidadores para atender ao crecente número de usuarios e tamén a un segundo coordinador do servizo.

Nestes momentos o Concello está a piques de pechar o concurso público convocado para renovar o contrato da concesión do SAF. Co obxectivo de continuar incidindo tanto na vertente social como na laboral, o executivo incluíu nas cláusulas o maior prezo que se está pagando en Galicia por hora de servizo prestada. Deste xeito preténdese continuar elevando a calidade da atención que reciben os usuarios do SAF e, por outro lado, garantir un salario digno para as/os coidadores contratados pola futura concesionaria.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -