_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
AVISOS
O desfile de Entroido de Vilagarcía trasládase ao domingo 17 de marzo

A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía decidiu pospoñer o desfile de Entroido que se celebra tradicionalmente o Martes de Carnaval, debido ás intensas chuvias previstas para a xornada de mañá. A data elixida finalmente para celebrar o colorido evento é o domingo 17 de marzo.
04.03.2019.- O departamento que dirixe Sonia Outón desbotou a posibilidade de trasladar o desfile de disfraces e carrozas a esta fin de semana (9 e 10 de marzo) para non interferir nin restar protagonismo aos actos de Entroido programados en Vilaxoán e Carril, onde teñen previsto celebrar os seus respectivos Enterros da Sardiña o sábado e o domingo respectivamente.

Ademais, optando polo 17 de marzo, tamén se evita coincidir cos desfiles de Entroido doutros municipios da comarca e da provincia que xa programaran os seus eventos para a fin de semana de Piñata ou que, debido ao mal tempo destes días, cambiaron os actos para os vindeiros sábado e domingo. Deste xeito foméntase a participación no evento de Vilagarcía, tanto de disfraces como de público.

A Concellería de Cultura xa está informando do cambio de data aos colectivos anotados no desfile-concurso.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Mar 2019  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -