_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MULLER
A Área de Igualdade reivindica o 8M con cine, manifesto, o maratón fotográfico e a acción colaborativa “Venus”

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía, a través do Centro de Información á Muller, volverá a celebrar este ano o Día Internacional da Muller Traballadora, o 8M, cunha variada programación de actos que teñen como obxectivo concienciar en materia de igualdade. Cine, a lectura do manifesto reivindicativo, a folga feminista, o Maratón Fotográfico e a acción colaborativa do programa Mulleres en Acción teñen cabida neste programa no que o departamento que dirixe Tania García contou coa colaboración do Consello Local da Muller, o Cine Club Adega, o colectivo O Soño de Lilith e a Deputación Provincial de Pontevedra.
04.03.2019.- A celebración abrirase este mércores coa proxección do Salón García de “Trote” a película que conta a historia de Carme, unha moza que vive illada nunha aldea do interior de Galicia co seu pai e a súa nai enferma. As circunstancias que a rodean oprimen as súas ansias de escapar ata que lle xurde a oportunidade de empregarse nun hotel da cidade.
A actividade, organizada polo Cine Club coa colaboración do Soñó de Lilith, comezará ás 21:00 horas e contará coa presenza do director, Xacio Baño, e da actriz principal María Vázquez, cos que o público poderá departir e reflexionar sobre a temática da película, ao remate da proxección. A entrada custa 4 euros para o público en xeral. Os socios de Ádega pasarán de balde.

O xoves, 7 de marzo, ás 12.00 do mediodía e na Praza de Ravella procederase á lectura do manifesto elaborado polo Consello Local da Muller con motivo do 8M. Nesta ocasión, e a proposta do propio Consello, a lectura correrá a cargo de Teresa Cuíña, muller traballadora que desempeñou a súa vida laboral na Oficina de Extensión Agraria de Vilagarcía e impulsora do movemento asociacionista dos colectivos femininos no municipio tras o franquismo.
A lectura do manifesto adiántase unha xornada posto que o 8 de Marzo está convocada a Folga Feminista. O sábado 9, celebrarase a xa tradicional Maratón Fotográfica sobre a Igualdade de Xénero no eido laboral.

Os actos terán continuidade o martes 26 de marzo a través do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, promovido pola Deputación. Entre as 9 da mañá e as 12 do mediodía, a artista Luz Darriba dirixirá a acción colaborativa “Venus”, na que alumnado de diferentes centros públicos da cidade desenvolverán unha macro instalación con cunchas de vieira en cuxo interior escribirán as súas mensaxes contra a violencia machista.

O último dos actos programados con motivo deste 8M será a entrega de premios e inauguración da exposición do XI Maratón Fotográfico a celebrar o 29 de marzo no Auditorio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2019  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -