_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello faise cos terreos necesarios para o demandado ensanche e renovación do saneamento na Rúa O Freixo

O demandado ensanche e renovación da rede de saneamento na Rúa O Freixo levarase a cabo este mesmo ano grazas ao acordo acadado entre o Concello e a empresa Coinba para a adquisición da franxa de terreos necesaria para poder levar a cabo a actuación. O alcalde, Alberto Varela, e os representantes da Compañía Industrializadora de Bacalao, Santiago Romero e Adolfo Rodríguez-Alarcón asinaron este mediodía o documento oficial de compra-venta da franxa de terreo de 551’60 metros cadrados por importe de 15.000 euros.
07.03.2019.- Tras facerse efectiva a compra e cos terreos xa de titularidade municipal, o alcalde explicou que o goberno local levaba tempo tratando de dar solución aos problemas de alcantarillado que sofren dende hai anos os veciños da Rúa O Freixo, onde as avarías e desbordamentos da rede son moi frecuentes, coas conseguintes molestias e prexuízos para a veciñanza que, nalgún caso, incluso soportan e entrada de augas residuais nas súas propiedades. Maila a intención do goberno local de renovar o antigo saneamento para acabar cos problemas, a estreitez da vía impedía levar a cabo a actuación, xa que a maquinaria precisa para acometer a obra non collía.

Dado que a solución pasaba necesariamente por un ensanche da rúa, o executivo púxose en contacto coas representantes de Coinba, a propietaria dos terreos que lindan coa rúa, para negociar a adquisición da superficie necesaria. O rexedor local agradeceu a boa disposición manifestada polos empresarios para aceptar a proposta formulada en base a taxación dos técnicos municipais e o prezo de mercado do solo nesa zona. O rexedor comentou que se trata dun bo acordo para as dúas partes, pero especialmente para o Concello por canto vai poder resolver un problema que os veciños sofren dende hai anos. “Os 15.000 euros pagados son un investimento moi rendible dado os beneficio público da actuación”.

Unha vez obtida a titularidade dos terreos, o Concello porase a redactar o proxecto da obra que, ademais do ensanche do vía e o cambio da rede de saneamento, incluirá a construción dunha beirarrúa para maior seguridade dos peóns que a transitan. Valera Paz comentou que a intención do executivo é incluír nos orzamentos deste ano 2019 unha partida para financiar a obra para executala este mesmo ano.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -