_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Adxudicada a obra de ensanche e dotación de servizos ao camiño do Lago, en Castroagudín

A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá acordou adxudicar á empresa Servicios Medioambinetales del Miño S.L. a obra de ensanche do camiño do Lago, en Castroagudín. Para atender a demanda realizada polos veciños da zona, o Concello inviste nesta actuación 40.994 euros e aproveita para ampliar a rede de saneamento neste lugar. Os traballos teñen un prazo de execución de 2 meses.
11.03.2019.- A obra permitirá ensanchar o camiño do Lago, ao pe do cal se emprazan varias vivendas que actualmente non poden acceder aos seus domicilios en vehículo debido a que a vía apenas supera os 3 metros de ancho en determinas zonas. Esto representa un grave problema á hora de trasladar a persoas con mobilidade reducida ou para realizar traballos de carga e descarga.

Para resolver esta situación, o concelleiro de Obras e Servizos, Liño Mouriño incluíu esta obra no Plan de mellora de infraestruturas do rural que leva a cabo o Concello. Coa obra a realizar actuarase ao longo de 114 metros do camiño. Para poder darlle máis ancho é preciso facer un desmonte e construír un muro de contención en mampostería da mesma lonxitude, que permita asegurar a estabilidade do talude de terra. O muro construirase con pedra granítica e terá unha altura variable de ata 3 metros.

Tamén se ampliará a rede de saneamento, instalando ao longo duns 100 metros do camiño un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro, que se conectará no entronque que da servizo á parroquia. Esta medida permitirá que poidan conectarse á rede pública de saneamento as vivendas emprazadas ao carón do camiño de O Lago.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -