_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello aforrou 129.100 en tres anos e medio coas medidas de eficiencia enerxética postas en marcha

As medidas de eficiencia enerxética postas en marcha polo Concello traducíronse nunha importante redución do importe do recibo da luz que paga a administración local. Segundo se fai constar no informe da auditoría enerxética encargada polo Concello, o aforro acumulado dende xuño de 2015 ata xaneiro de 2019 ascendeu a 129.000 euros, o que ven a supoñer uns 36.899 euros por ano. En termos enerxéticos propiamente ditos, grazas a estas medidas o consumo eléctrico reduciuse en 1.136.167 kw/hora.
11.03.2019.- A causa destes positivos resultados atópase nas medidas de distinta índole adoptadas en función dos datos extraídos da auditoría do alumado público municipal e das instalacións e edificios públicos de titularidade do Concello, así como na revisión e actualización dos contratos subscritos coa compañía administradora de enerxía.

A revisión de todos os contratos permitiu, por exemplo, rebaixar potencias en lugares onde se tiñan niveis por riba das necesidades reais. Como se sabe, a potencia establécese por tramos e, a maior potencia, maior custe da factura, polo que ao axustar á baixa as potencias, conséguese reducir o importe do recibo.

Esta revisión de contratos tamén permitiu corrixir erros de facturación e de lecturas por parte das subministradoras e que gravaban indebidamente ao Concello, polo que tamén se conseguir reducir custes a través destas correccións. A maiores, como esta revisión de contratos faise de forma constante e permanente, permite que o Concello se beneficie das ofertas tarifarias existentes en cada momento.

Outros factores que incidiron na redución do recibo da luz do Concello foron as medidas de optimización dos sistemas e infraestruturas existentes e a substitución de vellas tecnoloxías por outras máis actuais e eficientes (tipo led) que consumen menos. Neste campo traballouse en diversos puntos do alumado público das rúas, así como do pavillón de Fexdega, e nalgunha outra instalación municipal.

Os datos obtidos pola auditora resúmense de forma global deste xeito:

AFORRO TOTAL ANUAL 324.619 kwh/año 36.899,00 €/año

TOTAL AFORRO EN 3 AÑOS Y MEDIO 1.136.167 kWh 129.146,50 €


Máis consumo a menor custe

Entrando máis ao detalle, o estudo diferenza o consumo e custe eléctrico nas instalacións deportivas do Concello, do resto de servizos municipais (alumado e outros edificios). Esta diferenciación resulta especialmente chamativa no que a Deportes se refire, posto que, debido a un maior uso horario das instalacións para atender a demanda de clubs e outros usuarios, o consumo enerxético incrementouse e ainda así, reduciuse o importe do recibo da luz. De feito, maila que no período analizado foron precisos 143.206 kw/hora, monetariamente, aforráronse 3.588 euros.

DEPORTES:
kwh/año €/año
Xuñ-15 472.353 106.525,00 €
Xan-19 615.559 102.937,00 €
Diferenza -143.206 3.588,00 €



CÁLCULOS XUSTIFICATIVOS DE TODOS OS SERVIZOS (excepto deportes):

kwh/año €/año
Xuñ-15 6.876.077 978.333,00 €
Xan-19 6.408.252 945.022,00 €
Diferenza 467.825 33.311,00 €


Exhaustivo traballo de campo

Pero para poder adoptar estas medidas de forma eficaz, foi preciso levar a cabo previamente un extenso e exhaustivo traballo consistente en inventariar todos os elementos e materiais do alumado público existentes no municipio (cadros eléctricos, os preto de 8.400 puntos de luz, os equipos e sistemas dos edificios públicos…) e detallar as características de cada un deles.

Tamén se fixo un estudo das zonas máis ineficaces dende o punto de vista enerxético, é dicir as que daban maior número de incidencias para poder ir resolvéndoas por fases, e se comezou a instalación dun software de mantemento que rexistra o funcionamento e incidencias dos equipos e emite alertas a tempo real para que calquera avaría poida ser arranxada coa maior brevidade.

Con estas medidas se uso responsable dos recursos enerxéticos , a maiores do aforro económico que implican, tamén colaboran na mitigación do cambio climático a través da redución das emisións de CO2.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -