_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
O 8% dos vehículos controlados pola Policía en febreiro superaban os límites de velocidades permitidos

A Policía Local de Vilagarcía prosegue coa súa campaña de prevención de accidentes de tráfico mediante a realización de controis de velocidade nas vías da cidade. Durante o mes de febreiro realizáronse 21 intervencións deste tipo. En total mediuse a velocidade de circulación de 1802 vehículos, dos que o 8%, é dicir 151, foron denunciados por superar os límites establecidos, así como as marxes de erro.
19.03.2019.- Segundo indica a Policía no seu informe mensual, as vías con maior porcentaxe de infraccións rexistradas foron a Avenida de Cornazo e a Rúa Valentín Viqueira de Carril, cun 11% de infraccións, e a Rúa Montiño cun 10%.

As mediacións de velocidade co radar móbil da Policía realizáronse ao longo de todo o mes de forma aleatoria, en distintas rúas e a distintas franxas horarias. Dos 21 controis realizados, 6 tiveron lugar entre as 08:45 e as 10:00 horas. Entre as 10:00 e as 12:00 horas realizáronse 4, e entre as 12:00 e as 14:00 horas os 11 restantes.

A Policía Local tamén da conta do número de accidentes de tráfico rexistrados durante o mes de febreiro. Foron un total de 5 sinistros, todos eles con feridos de carácter leve. Ademais, realizáronse 25 probas de alcoholemia, das que 21 deron resultado negativo e 4 positivo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -