AVISOS
O centro urbano péchase ao tráfico o domingo pola mañá por motivo da carreira solidaria Ladesol As rúas do centro de Vilagarcía collen mañá, domingo 24 de marzo, a celebración da V Carreira Solidaria Ladesol. Como consecuencia desta proba, pecharanse todas as rúas polas que discorrerá a carreira que permanecerán pechadas ao tráfico rodado entre ás 08:00 horas da mañá e as 14:00 horas. A Policía Local da aviso dos cortes e prega a máxima colaboración dos condutores para o normal desenvolvemento da proba deportiva.
24.03.2019.- Os peches para as instalación, separación de carrís, etc.., comezarán a facerse as 08:00 horas en Avenida da Mariña, a continuación Rivero de Aguilar e o resto do percorrido.
As rúas que forman parte do percorrido que deberán cubrir os corredores son Avenida da Mariña, Rivero De Aguilar, Valle Inclán, García de Caamaño, Alejandro Cerecedo, Arcebispo Andrade, Praza de España, Covadonga, Praza de Galicia, Arcebispo Lago, Alexandre Bóveda, Valle Inclán, Conde Vallellano, Praza de Galicia, Padre Feijoo, Independencia, Arapiles, Praza de Ravella, Ramón y Cajal, Rey Daviña, Praza de Constitución, Méndez Núñez, Juan García, Conde Vallellano e Avenida da Mariña. Na segunda volta, dende Rivero de Aguilar, tomarán dirección ao Peirao de Pasaxe, e incorporaranse de novo a Rivero de Aguilar.