_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Vilagarcía pecha o martes a programación do Día da Muller coa intervención artística colaborativa “Venus”

O actos programados en Vilagarcía con motivo do 8M, Día da Muller, rematan mañá, martes, cunha intervención artística colaborativa a desenvolver durante toda a mañá na Praza de Galicia. A actividade, incluída no programa “Mulleres en acción: Violencia Zero” da Deputación Provincial, pretende desmitificar a icona estereotipada que a historia vendeu tradicionalmente sobre a muller e convertela na forza do colectivo feminino.
25.03.2019.- Baixo o título de “Venus”, esta `peza creada po,a artista Luz Darriba parte do mito grego da deusa Venus para achegarse ao corazón mesmo das mulleres de hoxe: Venus, como símbolo e sinal, como estigma, como valía e empoderamento, a Venus guerreira que pelexa decotío pola vida propia e pola da súa descendencia. Venus quere ser un redescubrimento das nosas esencias máis íntimas, unha análise desde o visual, o táctil, a maxia dos sons e a alegría esperanzadora da palabra.

Para elo, e contando co alumnado de varios centros educativos do municipio e o público en xeral que desexe participar, a actividade consistirá en crear unha macroinstalación urbana a base da colocación de cunchas de vieira nas que cada persoa poderá escribir a súa mensaxe contra as violencias machistas.

Luz Darriba

Artista multidisciplinar, escritora, activista cultural feminista e filla da diáspora galega e asturiana no Río de la Plata. Naceu en Montevideo en 1954 e formouse en Bos Aires nas tres escolas de arte e na Facultade de Filosofía e Letras da UBA. Realizou máis de 300 exposicións colectivas, unhas 50 individuais e recibiu numerosos recoñecementos polo seu traballo. A parte máis coñecida do seu labor son as máis de 40 macrointervencións en espazos públicos en distintas cidades de Europa e América. Entre elas: Cumulum, muralla de libros (Lugo, 2000); Libres avec des livres (Maison de la UNESCO, París, 2000); Alcalá, unha porta á cultura (Puerta de Alcalá, Madrid, 2001); Patchwork (Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela, 2004); Cortar polo san (Plaza de Mayo, Bos Aires, 2008); Sinais, semáforos non sexistas en diferentes cidades do mundo (2006-2017); Arakne (Kursaal, Donostia, 2007) e Marelle des livres, homenaxe a Cortázar (Bruxelas, 2014).

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -