_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Fredy Mercury e Bach comparten repertorio no Concerto do Compositor da Escola Municipal de Música

A Escola Municipal de Música Bernardo del Río, de Vilagarcía, ofrece mañá mércores 27 de marzo, o Concerto do Compositor co que, tradicionalmente, pechan as actividades do trimestre académico. Nesta ocasión, e seguindo a norma de combinar a música clásica coa actual, o concerto está dedicado ao músico e compositor do barroco, Johan Sebastian Bach e ao líder e cantante da banda de rock Queen, Fredy Mercury.
26.03.2019.- As agrupacións da escola intervirán no concerto interpretando o repertorio escollido polos profesores entre as obras máis coñecidas e significativas da figura do barroco e do cantante británico. A actuación celebrarase a partir das 19:30 horas na sala de concertos da escola.

O tributo a estes dous grandes músicos complétase co traballo realizado no último trimestre polo alumnado de Linguaxe Musical e Instrumento, que estivo recabando información e documentándose sobre Mercury e Bach. Os seus traballos exporanse no corredor do centro para que país e familiares poidan contemplalos e comentalos.

O Concerto do Compositor pecha unha ampla lista de actividades organizadas pola Escola de Música durante o segundo trimestre do curso que está a piques de rematar. A primeira foi o concerto conxunto realizado cos alumnado do Conservatorio Municipal de Música de Vilagarcía celebrado o pasado 7 de marzo e ao que lle seguiron as audicións abertas ao público realizadas polos educandos de todas as especialidades instrumentais que se imparten no centro Bernardo del Río.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -