_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Praceiros e Concello acordan pospoñer a aprobación do regulamento da Praza e probar antes as novas medidas

O goberno local de Vilagarcía mantivo esta semana sendas reunións cos dous colectivos de praceiros que manteñen diferentes posturas sobre o novo Regulamento de Uso e Funcionamento da Praza de Abastos. Tras os encontros decidiuse pospoñer a aprobación definitiva da norma ata despois das eleccións. E como contrapartida, a proposta do executivo acordouse levar a cabo un período de proba do calendario de apertura recollido no regulamento antes de elevar o texto ao Pleno.
28.03.2019.- Ás reunións nas que participaron o alcalde, Alberto Varela, e a tenente de alcalde, Tania García, asistiron, por un lado, os representantes da asociación de vendedores da Praza de Abastos e por outro, máis de vinte vendedores de peixe do mesmo mercado público. Os primeiros apostan pola apertura diaria da sala de abastos con todos os seus servizos, como recolle o regulamento, mentres que os segundos manteñen que non lles sería rentable porque temen que non acuda a clientela.

O Concello trata de revitalizar as ventas da Praza de Abastos e ofrecer un bo servizo aos cidadáns co funcionamento das instalacións a pleno rendemento. Para lograr este obxectivo, o Concello leva realizados grandes investimentos na Praza de Abastos para modernizala, mellorar a súa imaxe, adaptala á normativa e ás necesidades dos vendedores. Pero as melloras realizadas non servirán de nada se os propios concesionarios non se adaptan igualmente ás necesidades dos usuarios do século XXI.

Pola súa banda, a asociación de praceiros que apunta a necesidade de que o calendario previsto na norma sexa cumprido por todos os sectores da praza, sobre todo polos postos de venta de peixe fresco. Entenden que este último requisito é fundamental para conseguir a fidelización da clientela e manter un ritmo de ventas diario, xa que a maioría dos vilagarciáns prefiren consumir peixe fresco da praza. Non obstante, ao non dispor desta posibilidade todos os días, optan polos supermercados e grandes superficies que abren a diario e con horarios máis amplos, aproveitando, xa de paso para realizar o resto da compra (carnes, conxelados, pan queixo, verduras…) De manter a venta de peixe na Praza de martes a sábados, os clientes poderían facer todas estas compras no mercado Público, beneficiando así a todos os concesionarios.

O temor dos vendedores de peixe é que non lles sexa rendible acudir todos os días polo que, para comprobar o resultado desta ampliación de días de venta, aceptaron levar a cabo un período de proba xa que o mellor xeito de comprobalo é poñéndoo en práctica un tempo. Tras este período de proba, retomarase a aprobación do Regulamento.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -