_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Matosinhos estrea imaxe o luns coa apertura dos novos espazos habilitados coa primeira fase da reforma urbana

A primeira fase de reforma urbana do barrio de Matosinhos está rematada. Os veciños e as numerosas persoas que transitan a diario a zona para acudir aos centros educativos poderán gozar da nova imaxe e dos remozados espazos a partir do luns, día no que a empresa adxudicataria retirará as valas que delimitaban a zona de obras. Os traballos realizados aportan unha imaxe máis moderna e agradable a este céntrico barrio, con zonas completamente accesíbeis nas que o peón é o protagonista, e na que as zonas verdes e o tramo do río a ceo aberto aportan frescura.
29.03.2019. O Concello de Vilagarcía investiu nesta actuación 219.685 euros de fondos propios. Os traballos non se limitaron á mellorar o exterior das rúas, senón que tamén se traballou o interior, incluíndo a renovación das redes de auga e saneamento.

O principal obxectivo deste proxecto era garantir a accesibilidade e protexer aos peóns. Para conseguilo, o acceso dende Doutor Tourón ata a Escola Infantil transformouse nun paseo peonil. As actuais beirarrúas, que tiñan pouco máis de medio metro de ancho e moito alto, desapareceron deixando todo o paseo a un mesmo nivel o que aporta unha sensación de maior amplitude. O firme uniforme e regular construído con formigón aporta maior comodidade, especialmente para as persoas con mobilidade reducida e o paso de carros de bebés, cadeiras de rodas e bicicletas.

Para crear unha zona de esparexemento máis agradable, plantáronse árbores e habilitáronse zonas verdes con céspede –que aínda está en fase de crecemento, polo que a sensación de frescura aumentará cando medre a herba. E tamén se deixou a ceo aberto un tramo do regato que discorre soterrado pola zona, o que aporta un aspecto máis natural.
A iluminación led das zonas de tránsito e dos parterres e alcorques das zonas verdes confire a este novo espazo un ambiente moi agradable e vistoso durante a noite.
Como xa se sabía, nesta fase tamén se renovou parte das beirarrúas da avenida Doutor Tourón e de Matosinhos e se construíron escaleiras e ramplas nos corredores que comunican entre os bloques de vivendas.

A SEGUNDA FASE, DE SEGUIDO

A renovación urbana do parque de Matosinhos e rúas da contorna proseguirá de xeito inmediato coa segunda fase que será executada pola mesma empresa, Excavaciones Ivanka. Os traballos comezarán tan pronto como rematen o paso peonil que están habilitando para facilitar o acceso á Escola Infantil Municipal dende a Rúa Xunqueira.

A segunda fase do proxecto afectará ao parque propiamente dito, así como aos tramos de beirarrúas da rúa Matosinhos e Doutor Tourón, e á zona da parada de autobús situada fronte as torres Caixanova. Nesta fase o goberno de Alberto Varela inviste 338.355 euros, que se financiarán con fondos propios do Concello correspondentes ao superávit de 2017.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -