TRÁFICO
Entra en vigor a reordenación de acceso a garaxes e da carga e descarga en Ravella A Policía Local de Vilagarcía pon en marcha mañá, mércores 3 de abril, unha nova regulación de tráfico na contorna do Parque de Ravella. A medida componse de cambios apenas significativos cos que se pretende ordenar de mellor xeito o acceso aos garaxes situados nas zonas peonís, así como o tránsito dos vehículos de carga e descarga, de xeito que se favoreza a mobilidade e se garanta a seguridade dos peóns.
04.04.2019.- A partir de mañá mércores, para realizar labores de carga e descarga e para acceder aos garaxes do lateral da cafetería Maty, deberán realizar tanto a entrada e saída dende Juan Carlos I e polo corredor da zona peonil que discorre pegado ao parque. O outro lado, o pegado aos edificios, bloquerase ao inicio cun banco de xeito que so podan circular por el os peóns. A ordenación na rúa Ramón y Cajal divídese en dous zonas. Tanto a entrada como a saída aos garaxes situados no tramo que desemboca en Rey Daviña realizarase única e exclusivamente dende a Rúa Arapiles, ao igual que as labores de carga e descarga.
No tramo de Ramón y Cajal comprendido entre Arapiles e a intersección con Juan Carlos I e Gumersindo Nartallo, a entrada garaxes farase dende a primeira (Juan Carlos I) e a saída cara a segunda. Un elemento do mobiliario urbano impedirá o paso de vehículos cara ao acceso ao do Parque de Ravella e á Rúa Arapiles.
A policía Local advertiu hai días aos veciños da zona dos cambios que entren en vigor mañá. A primeira hora da mañá comezarase a instalar a sinalización e a colocar nos puntos estratéxicos os elementos do mobiliario urbano.