_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade informa das estadías de tempo libre para nais soas con fillos e fillas de entre 2 e 12 anos

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía informa que, a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, ven de convocar as axudas para estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. A finalidade destas axudas é facilitarlles ás nais soas, con fillos/as de entre 2 e 12 anos que estean exclusivamente ao seu cargo, o goce dun tempo desligado da súa situación habitual no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer. O prazo de solicitude xa está aberto.
05.04.2019.- As estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, e desenvolveranse preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro. A asistencia ao programa das mulleres que resulten beneficiadas deberá ser na compaña dos seus fillo/as menores. Os gastos de aloxamento, en réxime de pensión completa e o traslado serán por conta da Secretaría Xeral de Igualdade.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 2 de maio. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ou en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora. Os requisitos que deben cumprir as solicitantes para acceder a este programa pódense consultar na orde publicada no Diario Oficial de Galicia do 1 de abril.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -