_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O memorial Miguel Ángel González reúne esta fin de semana a 300 baloncestistas infantís de 22 equipos

Coa primeira fin de semana do período de Semana Santa chega a Vilagarcía o primeiro evento deportivo habitual nestas datas. Trátase do XVI Memorial Miguel Ángel González Estévez de baloncesto organizado polo CLB en colaboración coa Fundación Municipal de Deportes. Vinte e dous equipos infantís femininos e masculinos de Galicia, Valladolid e Portugal competirán no torneo que arranca mañá venres, 12 de abril, ás 16:30 horas e que se desenvolverá ata o domingo ás 14.30 horas nas instalacións de Fexdega. A novidade deste ano é a incorporación do Breogán masculino.
10.04.2019.- Vilagarcía recibirá a partir do venres 12 de abril a un total de 300 baloncestistas de ambos sexos e das categorías infantís que virán á cidade acompañados dos delegados e adestradores dos clubs, así como de familiares. A competición organizarase con catro grupos (dous masculinos e dous femininos) que disputarán un total de 64 partidos nas tres pistas homologadas para as competicións oficiais segundo a normativa da Federación de Baloncesto.

A comitiva completarase cos 48 membros do equipo arbitral que pitarán os partidos e actuarán como membros de mesa. O Memorial Miguel Ángel González está integrado nas Xornadas Arbitrais da federación galega de Baloncesto, polo que a actuacións dos árbitros e membros de mesa será avaliada polos xuíces federativos para decidir o ascenso nas categorías arbitrais.

A maiores, a organización aporta cerca de 100 persoas máis (directivos e técnicos do CLB, familias dos xogadores vilagarciáns e voluntarios) que se encargan de todo o operativo de recibimento, aloxamento, manutención e traslados dos equipos, así como da propia celebración do torneo.
Polas experiencias anteriores, os organizadores do Memorial calculan que a afluencia de público a Fexdega sexa dunhas 1.200 persoas en cada unha das tres xornadas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -