_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Paseo a Vilaxoán executarase este ano e contará con dobre carril de circulación

Tal como prometera, o goberno local de Vilagarcía, dará continuidade ao Paseo Marítimo acondicionando o tramo da rúa Víctor Pita comprendido entre os depósitos de Ferrazo e o remate da praia de Canelas. O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Urbanismo, Paola María presentaron hoxe o proxecto mellorado do Paseo Marítimo a Vilaxoán, unha proposta que conserva a estética da primeira, pero que mantén os dous carrís de circulación a base de reducir o ancho do paseo e do carril bici. O novo proxecto resultará algo máis custoso e laborioso que o primeiro, posto que para a súa execución será preciso retranquear o muro da depuradora. A intención do executivo socialista é que o paseo estea rematado a finais deste mesmo ano.
13.04.2019.- Varela explicou que tivo claro o seu goberno dende o principio do mandato era que había que completar a rexeneración da fachada litoral de todo o municipio e que o Paseo Marítimo tiña que chegar a Vilaxoán e facelo nas mellores condicións. O rexedor lembrou as xestión realizadas antes Costas e a dificultade que entrañaba que a actual Lei de Costas non permitise voar o paseo sobre a praia para permitir gañar os ancho necesario para a actuación. Baixo estes condicionantes deseñouse o primeiro proxecto co carril único con circulación alterna en ambos sentidos regulado por semáforos “que tras a proba realizada, consideramos que se podía mellorar, así que puxemos toda a maquinaria a traballar para buscar as posibles solucións.

Para facer o paseo peonil e o carril bici e á vez manter os dous carrís da circulación, o novo proxecto salva a falla de espazo retranqueando o muro da depuradora. Paola María explicou que para chegar a esta solución foron precisos numerosos traballos de inspección e medicións para asegurarse de que se podía facer a obra sen afectar a ningunha das conducións do sistema de depuración e tratamento de augas residuais que discorren polo corredor situado entre o muro o as piscinas da EDAR. Tras revisalo cos técnicos municipais e de Espina e Delfín, asegurouse que o retranqueo podía realizarse sen afectar á instalación. Aínda que o corredor ten un ancho desigual, a rúa Víctor Pita gañará unha media de 1,3 metros de ancho.

Tras o estudo topográfico da zona, e coas novas medicións, modificouse o proxecto inicial para axustalos ás novas características. A zona de paseo, a que discorre pegada ao mar, terá un ancho de 4,45 metros fronte aos 6,30 previstos na proposta inicial. O carril bici tamén se reduce ao pasar de 3 a 2,5 metros, e a zona de tráfico rodado contará con 6 metros de ancho.

O cambio nas dimensións do paseo tamén obriga a modificar o mobiliario urbano e nas especies vexetais previstas inicialmente, optando por árbores e bancos de menor porte e tamén se suprime a bancada que discorría pegada á baranda do paseo, co obxecto de gañar máis espazo para os peóns. Ademais, aproveitando o retranqueo, tamén se mellorará a estética do muro da depuradora que terá un acabado de pedra máis acorde co entorno.

O custe do novo proxecto é algo superior, rondará os 300.000 euros, que se financiarán cons fondos FEDER a través da liña de Impulso e mellora de medioambiental de zonas urbanas. A intención do goberno local é que o paseo estea rematado a finais de ano.

Alberto Varela explicou que “este goberno traballa co único obxectivo de mellorar Vilagarcía e as condicións de vida dos vilagarciáns e consideramos que os veciños de Vilaxoán e Sobradelo teñen o mesmo dereito que os de Carril ou Vilagarcía a ter rexenerada a súa fachada litoral e a contar cun paseo marítimo”.

O alcalde dixo que este proxecto se enmarca noutros xa executados ou en marcha postos polo seu goberno en Vilaxoán co obxectivo de dinamizar esta localidade, como por exemplo a escola Infantil xa rematada ou a humanización da rúa Vázquez Leis que se están executando.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -